lunes, diciembre 24, 2007

Quizais o nadal sexa a época do ano na que máis electricidade (para alumeado) se consume. Nestes tempos de cambio climático Greenpeace quere que moderemos o consumo...

domingo, diciembre 23, 2007


En decembro de 1969, John Lennon gastou máis dun millón de dólares nunha campaña coa seguinte frase: "A guerra rematou, bo Nadal". Era unha protesta pola guerra do Vietnam.

Dous anos despois, a finais de outubro de 1971, coa axuda do productor Phil Spector, Lennon grabou a canción coa mesma idea e a mesma frase. En realidade, recreábase nunha canción popular, antiquísima, do século XVIII, chamada 'Skewball', sobre un cabalo de carreiras. Pero esta versión de John converteuse na canción que máis se oe no mundo durante estas festas... O mundo segue xirando nestas datas de consumismo e gula. Hai guerras, o planeta está cada vez máis fodido, o pan vale moitos centimos máis que hai escasamente un mes... Esta é a miña particular felicitación. BO NADAL A TOD@S AOS MEUS AMIG@S!

martes, diciembre 18, 2007

Pedro Carreño, Ministro de Interior y Justicia de Venezuela debátese entre o socialismo e o capitalismo...

lunes, noviembre 19, 2007


Encheron 10 noites seguidas o Prudential Center de Newark, sito en Nova Jersey, a súa casa... E agora a xira Lost Highway continúa en Canadá, deixando perlas coma ésta, en Ottawa, que demostra que cos anos melloran o seu directo, o seu estilo... Savoir faire dise en francés. Richie e Jon subidos nunha plataforma no medio do público interpretando I'll Be There For You. Para correrse. E non hai máis que dicir... O audio está nítido, pero xa sei que a imaxe é mellorable. Aínda así creo que merecía unha entrada no blog. Que chegue canto antes o 1 de xuño do ano que ven para admirar a unha das mellores bandas rockeiras dos últimos 25 anos. A cita, xa sabedes, no Olímpico de Montjuic en BCN. Aínda estades a tempo de mercar as entradas. Iso sí, as máis caras e próximas ao escenario xa están esgotadas.

domingo, noviembre 18, 2007

Fin de semana de colección de vídeos de YouTube.
Trala recente polémica entre Chávez e o Rei, aí vai outro vídeo que amosa o carácter do monarca. Nunha visita ao País Vasco non dubidou en facer o que ides ver a certos manifestantes que estaban na súa contra...

Un 'ex' deses que se recordarán toda a vida: Manuel Fraga. Perder os nervios e decir verdades "a pelo" foron dúas das súas máximas na política...


E ademais un galano: Esta curiosa curtametraxe na súa... ¿honra?

A mensaxe subliminal que esconden os Lunnis...

...E os goles que se marcan na Liga alemana. País, o xermano, no que, por certo, son expertos en salchichas

E até aquí. A rañala, raparig@s!

jueves, noviembre 15, 2007

Xa teño a miña entrada para ir ver a Bon Jovi... e comparto a miña ledicia posteando o seu último videoclip. En exclusiva para ti e só no meu blog. Gozade de 'Till We Ain't Strangers Anymore, unha fermosísma balada a dúo con Le Ann Rimes (Sí, a da banda sonora do Bar Coyote).

lunes, noviembre 12, 2007

5 anos e 9 días despois volverei estar con eles...Estimados Richie Sambora, Tico Torres, Jon Bon Jovi e David Bryan:
Con vós pasei a mellor da noite da miña vida (se exceptuamos as pasadas en compaña feminina, claro está). Agardo que o vindeiro 1 de xuño (que amarga espera) se repita a éxtase orgásmica do voso directo. See you!

domingo, noviembre 11, 2007

Pipi, Luci, Bon y otras chicas del montón. Quero dicir O rei, Chávez, ZP e o primo de Rajoy. Ou sexa tontosdocú escrito toxunto. Eu non sei se esta xente pode representar a alguén máis ca eles mesmos...

Rajoy: "Mi primo, catedrático de física en la Universidad de Sevilla..."

viernes, noviembre 09, 2007

Pérez Varela, culture conselleiro. Este insigne personaxe non só tirou os cartos facendo o mausoleo de Fraga, máis coñecido co nome de Cidade da Cultura. Tamén, cando había Xacobeo -ese invento de non sei que cousa de entre X anos que o chirimbolo cae en domingo 25 de xullo e que o Corte Inglés aproveita para vender cunchas de vieira e gaitas pequenas, pero bueno, o tamaño non importa se nos cremos as mentiras-, traía aos grupos máis reseñables do panorama musical internasioná. Pa presumir!!!!. Normal. Na Galicia dos trens de alta velocidade, do emprego de calidade, das autovías e autopistas máis rápidas e seguras... o que sobraban eran cartos. E o por aquel entón conselleiro (non vou dicir noso porque eu nunca votaría tal cousa) traíanos a Daviz Bobi, aos Seminal Brodes e a Vrian Adans. Porque en Jalisia outra cousa non, pero cultura hóuboa por doquier e tal dende que os gandeiros non protestaban pola cota láctea (cando os grises que non permitían protesta aljunha). Non me extraña que se lle acabara facendo unha Cidade da. País. Disfruten (gocen en idioma xunteiro-telegaiteiro) do seguinte vídeo vostedes que coma galegos estudiaron (ou polo menos podían facelo) nunha das tres excelentes universidades que temos, cunha formación de profesorado e unha calidade material e práctico-teórica acolloante. Xente culta vamos.

miércoles, octubre 17, 2007

Hristo Stoichkov xa non é, dende hai máis dunha semana, adestrador do Celta. O certo é que o búlgaro foi un xogador de excepción, pero aterrou en Peinador sen ter demostrada a súa calidade como técnico. Iso demostrouno de novo co equipo da cidade olívica, que nunca acadou un bo nivel de xogo. Porén, eu gardo un moi grato recordo da entrevista que mantiven con el escasos días despois de que chegara a Vigo. Por ese motivo achego no seguinte enlace o número do xornal do Celta (21) no que o entrevisto (páxs 16 e 17). Aviso para non iniciados: A páxina á que vos leva o link é a dun servidor que permite baixar o arquivo gratis. Unha vez nela seleccionade descarga gratuita. Introducide a clave que sae en pantalla e premede descargar. Gardade o arquivo e unha vez rematado o proceso, abrídeo.

Xornal do Celta, número 21, coa entrevista a Hristo
O meu colega Roberto chivoume a existencia deste spot, que eu, a verdade, non coñecía. É verdadeiramente interesante como a cadea de supermercados Gadis, amplamente estendida na nosa terra, define aos galegos. Eu, pola miña banda, penso que acertaron. E vós?

martes, octubre 16, 2007

Hoxe martes, dobre actualización do blog. Logo da excepcional versión de Heidi de Santiago Segura vai unha sobre min. Sobre o meu frikismo. Íntimamente relacionado, entre outras moitas cousas coa banda de rock Bon Jovi. O certo é que é un grupo denostado por moitos, especialmente porque moitos opinan que se venderon á comercialidade e que renegan do seu pasado rockeiro. Outros tantos pensan que son frívolos e chulos. Discrepo. E os vídeos que poño a continuación amosan o seu lado máis amable e humano. Todos son moi recentes. Pertencen ao Saturday Night Live da NBC norteamericana desta pasada fin de semana. É un programa no que a música é a protagonista, con bandas que teñen novo traballo. Unha banda fai de anfitriona de outra, convidada -normalmente a de maior veteranía é a anfitriona-. Logo de estar tres veces neste programa como convidados ao longo da súa historia, Bon Jovi son anfitrións doutro gran grupo: Foo Fighters. Os anfitrións fan de presentadores e cobran protagonismo en sketch cómicos.

Primeiro video -lamento que non teña subtítulos-. Unha adolescente, no ano 1986, escribe no seu diario, queixándose da súa miserable existencia. Entre outras cousas a súa nai non lle deixa ir ao concerto de Bon Jovi con Cinderella (outra long hair band da mesma época). De súpeto, o poster de Jon que ten no seu cuarto, cobra vida, ataviado coa estética propia de cando tocaba nos 80. Jon fala con ela. El coa súa idade era un apaixoado da música, soñou con ter un grupo de rock e conseguiuno... Ela ten os soños tópicos: quere alugar un apartamento a súa corta idade, converterse en actriz e ter moitos amoríos. 21 anos despois atoparanse de novo no programa no que transcorre a ficción. Sen desperdicio.


Segundo video -volvo lamentar que isto pareza a BBC-. Nesta ocasión é o comezo do programa. Normalmente o/s anfitrión/s encárganse de levar a parte cómica do show e darlle paso os temas que interpreta o grupo convidado. Ninguén no público cre a Jon cando di que non van tocar esa noite. Varios espectadores impídenlle que se produza o monólogo inicial. O último de todos é Richie Sambora, guitarrista do grupo, que olvida o guión e despois de que lle chive o Jon o que ten que dicir, deciden facer o mellor que saben facer, tocar no escenario co grupo. De novo sen desperdicio.


Agora este vídeo cómico no que aparecen Jon Bon Jovi, Dave Grohl (exbatería de Nirvana e líder de Foo Fighters) e Taylor Hawkins (batería deste último grupo). Rinme moitísimo. O título desta peza audiovisual e: "Xente que recibe unha ostia xusto antes de comer"....


A rañala, raparigos!
It´s good to be back!, que diría o outro. Moi boas de novo e desculpade a tardanza en actualizalo meu blog. Fágoo cun vídeo verdadeiramente curioso. Quen non se lembra da serie de animación xaponesa Heidi? Para aqueles aos que lles custe facer memoria achego este cómico vídeo: trátase dunha dobraxe de Santiago Segura dunha escena desta serie infantil... Preséntaa el mesmo e nuns segundos comeza. Xulgade vós mesmos:


Polo de agora nada máis (e nada menos)

domingo, septiembre 02, 2007

Reportaxe feita! Irmáns Roi e Noa García, Iago Lozano, Daniel Novoa, Borja López, Lucía Cortiñas, Gonzalo Mateo e irmáns Fernando e Roberto Conde... GRACIAS! Acabo de enviarlle ao meu porfesor a miña reportaxe para aprobala única materia que me queda, e ser, definitivamente, licenciado -editado o día de 7 de setembro: saquei un 7, xa estou licenciado!!!-. A ver que vos parece a vós, o certo é que non estaba moi inspirado. As fotos de tódolos que participastes e o enlace para descargala maquetada, de seguido...
Daniel Novoa:
Roi García:Noa García:Gonzalo Mateo:Lucía Cortiñas e o seu inseparable e fiel amigo, Tim:Borja López:
Roberto e Fernando Conde (o primeiro loitando por conseguir as chaves):Iago Lozano (de branco, con Jose e Dani)Podes baixala reportaxe, maquetada, en formato .pdf, no enlace que engado:
Sete coches, moitas historias
Hai que ver que guap@s saídes! De novo obrigado meus!
O spot deste verán que vai rematando foi o do Renault Mègane GT. E mesmo a súa canción sen coherencia aparente foi todo un éxito. No programa Vaya Semanita (repaso da actualidade na ETB vasca en clave de humor) fixeron un sketch formidable deste anuncio da firma de coches francesa. Aquí volo deixo!

Resulta difícil que a estas alturas non viras aínda o orixinal. Por se acaso... Aí vai!

Ooooooooooooooo. E ata aquí podo postear. De momento.

sábado, septiembre 01, 2007

Continuamos con novidades musicais. Só no meu blog podes ter acceso a Radio Nowhere, un adianto do novo disco do Boss, Bruce Springsteen. Podes decargalo nos seguintes enderezos que engado, vía megaupload ou rapidshare, como mellor che vaia. A disfrutar este temazo. Rock en estado puro!

Vía megaupload

Vía Rapidshare

Hai que ver que ben trato ás visitas. Non si? A rañala raparig@s!

viernes, agosto 31, 2007

O novo videoclip de Bon Jovi, en primicia. Velaquí tedes Lost Highway, tema que lle da título ao décimo albúm da banda. Conclusión: Menos rubia de bote e máis guitarrista morenote!... Mr. Richie Sambora you are the king of swing!

Ata a vindeira ocasión!

martes, agosto 28, 2007

Morrazo Style. En Bueu espantan aos xabarís que van na procura de millo a golpe de espertador... Cito aquí a nova, publicada en La Voz de Galicia. Nótase que estamos en agosto, redaccións baleiras, xente en prácticas, sen novas políticas... Con algo hai que encher...

PROTECCIÓN DE COSECHAS

El despertador ahuyenta de madrugada a los jabalíes de los maizales de Bueu.
Vecinos de Meiro extreman el in
genio para conservar íntegras sus cosechas

28/8/2007. Proteger el maíz se ha convertido todos los agostos en una prioridad de la asociación cultural de Meiro, en el municipio pontevedrés de Bueu. Han probado de todo para conseguir esta difícil meta, porque los jabalíes se acostumbran pronto y los sufridos vecinos deben agudizar el ingenio. Experiencias de otros años han incluido poner una radio con música heavy toda la noche o echar mechones de pelo humano de las peluquerías por las fincas, confiando en que el olor los ahuyente. Estos métodos tuvieron su momento de éxito relativo, para dejar luego paso a la desolación cuando los porcos bravos se acostumbran, pierden el miedo y se abalanzan sobre el maíz. Este verano los afectados, cansados de una batalla cuya única tregua es la luz del día, han ideado nuevos métodos. La presidenta de la asociación cultural, Victoria Martínez, explicó que juegan con el factor sorpresa. Todas las noches dejan un despertador de mesita de noche en la finca que creen que tiene más probabilidades de ser atacada. Colocan la alarma para las cuatro de la madrugada y lo dejan en una cajita para que al sonar asuste a cualquier visitante indeseable que ambicione zamparse sus mazorcas. La lluvia no les echa atrás: «Nestes días deixamos o espertador nunha caixa de zapatos, coa tapa algo aberta e dentro dunha bolsa de plástico». También acuden a las perfumerías y derraman en los bordes de las fincas los frascos de muestras de colonias para que el olor logre alejar a los animales. Parece que el método funciona, porque los daños han sido menores que otros veranos en Meiro, a pesar de que los destrozos se multiplican por la comarca. Esta asociación dedica tantos esfuerzos a salvar sus maizales porque de su éxito o fracaso depende la cosecha del millo corvo -una variedad de maíz con la que celebran un ciclo anual didáctico y una fiesta gastronómica-, y también porque nunca recibieron una compensación económica de la Xunta por los daños.

lunes, agosto 27, 2007

Xa queda menos!


domingo, agosto 26, 2007

Entrambosmundos, por fin na rede. O meu amigo e realizador audiovisual Roberto Conde fixo unha interesante curtametraxe na semana santa do 2006. As labores de produción encargoullas a Iago García (eu mesmo) e a dirección de fotografía correu a cargo de Noa García, de grande gusto pola estética. Nela Breixo (Adrián Novoa), o seu protagonista, esperta un día nunha idílica aldea do rural galego... Mais non todo é o que parece...
Eu gardo un moi grato recordo da rodaxe, no lugar de Entrambosríos, no Concello d'A Merca en Ourense. Aqueles días que para esa aldeíña eran de vacacións e nos que Roberto, Noa e mais eu andabamos de aquí para alá tentando que o producto final quedara á altura do espírito colaborador de tódalas persoas que nos axudaron -tamén houbo tempo para a festa, por suposto-. Se esta curta foi a terceira mellor na Gala GZCREA2006, que premia o labor da mocidade en diversas artes, foi en grande parte gracias a tod@s os que nos axudaron. As fotos que engado nesta entrada son daquelas datas.
Recentemente acabo de subila curtametraxe a YouTube para que tod@s disfrutedes dela... Velaquí vola deixo!
Buenafuente volve á grella televisiva. Faino o 17 de setembro na Sexta. É, sen dúbida, o meu showman favorito. Polo seu humor "de proximidade", de veciño simpaticote que che aleda o día cun comentario gracioso cando sobes no ascensor (se non eres claustrofóbico, coma o son eu, claro). Resérvome de momento a opinión do cambio de cadea do seu programa: de feito non é o único que vai haber, así que cando comecen de novo as emisións publicarei unha nova entrada sobre o tema. O que si vou facer é recuperar, de seguido, algúns dos seus monólogos para que a súa volta ás pantallas se nos faga máis curta. Agardo que os disfrutedes, tanto como os disfruto, disfrutei e disfrutarei eu. E agardo que sexa así por moitos, moitos, moitos, anos. Benquerido Buenafuente: Eu sigo o teu carón. Cóstame o mesmo traballo premer o 6 que o 3 no meu mando a distancia. Vale, vale, que son un "pesao", os monólogos...

¿Constitución euro... qué?

La noticia: "Una abstención récord en España no empaña el triunfo del sí por mayoría a la Constitución europea".
La fecha: martes 22 de febrero de 2005.

Yo tampoco he ido a votar al referéndum por la Constitución europea. Era domingo; si fuera un viernes por la tarde, a lo mejor.

Y no es verdad que a la gente no nos interese Europa. Mira la Champions... A lo mejor no se ha votado por desconocimiento. El otro día escuché a mis vecinos discutir. La mujer: "¿Cómo vas a votar, si no te sabes la Constitución europea?". Y él, que es un machista redomao: "¿Qué pasa? Tú no sabes cocinar y comemos todos los días".

Otra de las causas de la abstención es que el PP y el PSOE estaban de acuerdo. Eso genera mucha desconfianza. Es como si Coto Matamoros y Enrique del Pozo se respetaran. Se acabaría el chollo. Tú imagínate que en la tele se recupera el silencio...

Por suerte, los Reyes dieron un poco de color a la jornada electoral. Esa entrada del Rey, a lo John Wayne... Se les nota que no votan mucho, estaban un poco desentrenados. Tenían que haber hecho pretemporada en La Zarzuela, con un entrenador, un demócrata de toda la vida; creo que lo encontraríamos: "¡Vamos, vamos, calentamos cinco minutos dando vueltas por el trono y luego cogemos las papeletas! ¡Ese cetro arribaaaa!".

Así no les pasaría lo de este fin de semana. La Reina, por ejemplo, cerrando la papeleta con la lengua. Se le puso aquella cara de chupar limones, que no te quitas el sabor en todo el día. Igual así los que hacen sobres se curran un poco más el sabor, para no ver a la Reina sufrir... Eso sí, el que hizo el recuento seguro que maldijo: "¿Quién ha sido el novato que ha sellao el sobre?".

Y eso no es todo. Después, la Reina le tuvo que recordar al Rey que tenía que mostrar el DNI. Seguro que tiene un DNI antiguo y de foto un billete de 5.000 pelas recortado. Para qué vas a ir al fotomatón si eres el rey, coño; coges un billete y ya está. ¿Que se te estropea?, te dan otro, que eso sale de las arcas del Estado, para eso está.

En cambio, a los príncipes se les veía más sueltos. Fueron a la una de la tarde. Ella tenía una cara de un poquito de sueño, ahí no me quiero meter, pero se conoce que la noche anterior fue larga. A la una es la mejor hora. A votar y luego vermú: El Príncipe: "Vamos, Leti, que te invito a bitter kas y berberechos". Y ella: "¡Huy, qué fiesta!". A ver si así Letizia engorda un poco. Está tan delgada que, al votar, por la ranura metió el brazo hasta el sobaco. Y ya que estaba ahí, hizo de mano inocente, removió y sacó una papeleta al azar. Por cierto, no sé si os habéis fijado pero el peso que pierde la Princesa, lo gana el Príncipe.

Siguiendo con el capítulo de anécdotas, se ve que una mujer rompió la papeleta porque le impidieron introducirla ella misma. Y yo la entiendo. Hace mucha rabia que no te la dejen introducir a ti. Vamos, que te sientes un inútil. Me recuerda la primera vez que desperté al lado de una chica. Me dijo: "¿Preparas café, o eso tampoco lo sabes hacer?". No me gustó el rintintín, le dije: "Te llamo a un taxi, o te recoge tu padre". Y me quedé solo en mi cama. Qué bien se está solo en la cama, si es grande.

Conclusión, dicen que ahora Europa está más cerca. Un tío de Burgos ha visto los Pirineos desde el balcón. Y si hace bueno hasta ves la Torre Eiffel. ¿Por qué? Porque Europa se compacta. Ahora ya somos europeos, como los otros. Ya sólo falta que nos fiemos de ellos, pero eso poco a poco. No nos precipitemos.

Pausiña publicitaria...

Miniapartamentos de protección oficial

La noticia: "El Gobierno estudia construir miniapartamentos de protección oficial, de 30 metros cuadrados".
La fecha: martes 12 de abril de 2005.


Se ha desatado la polémica. El Gobierno ha anunciado que están estudiando construir miniapartamentos de protección oficial. Se ve que son tan pequeños que los plomos, en vez de saltar, se agachan.

Ya me imagino cómo venderán estos apartamentos: "Piso tipo loft (cuando no hay nada, es tipo loft) ideal para parejas bien avenidas y con cabello graso, que entrarán mejor".

Según ha anunciado la ministra de vivienda, María Antonia Trujillo, estos pisos tendrán unos 30 metros cuadrados. Vamos, que el día de la inauguración va a ser muy triste, porque cuando entren los invitados te tienes que salir tú.

Esto aparentemente es un handicap, pero está lleno de ventajas. Por ejemplo, las indeseadas visitas familiares del domingo por la tarde serán muy cortas, porque el oxígeno se termina enseguida. Además, no puedes respirar hondo, porque te tragas las cortinas. No entra ni la luz. Es que no puede...

Estos pisos también supondrán un gran ahorro a la hora de hacer reformas. Hay que pensar que con la madera de un bonsái ya te sale parqué para todo el piso... ¿Que quieres cambiar el color de las paredes? Las pintas con rotring. ¿Qué quieres cambiar los muebles? Se los encargas a Pin y Pon.

La verdad es que no entiendo la polémica. Bloques de apartamentos de este tipo ya existen en muchas poblaciones. Qué te diré yo... en Alcalá Meco, en Carabanchel, en Can Brians, en Herrera de la Mancha...

La ministra ha dicho que estos pisos "se adaptan a las nuevas tipologías de usuarios". ¿Nuevas tipologías? ¿Ahora qué nacen, hobbits en lugar de niños? Claro, y Zapatero es El Señor de los Pisillos. Pero si es al contrario. Los chicos y las chicas de ahora son más grandes; se tendrán que ir al colegio con el piso puesto, porque se quedarán encallados en la puerta.

A este paso, pronto veremos anunciando al ministro de Interior que, para evitar problemas de tráfico, hay que viajar en Scalextric. Me va a gustar ver a Romay.

La ministra también ha dicho que se han inspirado en los pisos de los países nórdicos... Por lo visto allí son muy austeros... Los pisos tienen un solo grifo para toda la casa. De ésos con manguera. Igual te sirve para ducharte, que para limpiar los platos, que para lavar el coche. Es cuestión de estirar la goma.

Por suerte, en las miniviviendas que propone el Gobierno, para ahorrar espacio, habrá zonas comunes para todos los inquilinos. Es un poco vuelta a los sesenta, al hippismo. "Venga, que vamos a tirar la basura". Y todos a tirar la basura.

Por lo visto, habrá una zona de lavandería. Un lugar ideal para ligar los solteros del bloque: "¿Lavas o centrifugas?" Acabarán poniendo dos ambientes: lavado en seco, y lavado húmedo, para cuando la cosa está más avanzada.

Yo creo, que lo que debería procurar el Gobierno... No soy nadie para opinar... ¡Bueno, sí soy alguien para opinar, coño, por eso tengo este programa! No soy nadie para imponer, pero sí para opinar. Yo ya me entiendo. Lo que debería procurar el Gobierno es que bajen los precios de los pisos, no los metros. Es una idea que se me ha ocurrido.

Además, se ha establecido la normalidad de lo supercaro. Vas a ver un piso y la tía te dice: "80 millones". Y tú, claro, por no quedar mal: "Ah, pues no está mal...". Mientras piensas: ¿De dónde coño saco 80 millones? Entonces le sueltas: "Bueno, tendré que venir con mi novia". ¿Qué pasa, que tu novia tiene los 80 millones?

El otro día me enteré de que las hipotecas ya se heredan. No me extraña. Hacen falta siete generaciones para terminar de pagarla. Vamos, que si esto nos pilla antes, aún estaríamos pagando las cuevas de Altamira.

Voltamos en 60 segundos...


Preparados, listos, sexo

La noticia: "Según un estudio, los españoles dedican 22 minutos de media a cada acto sexual".
La fecha: jueves, 12 de mayo de 2005.

Se acaba de publicar un estudio según el cual los españoles dedicamos 22 minutos de media a cada acto sexual. Supongo que el cigarrillo cuenta. Por otro lado, una de cada cuatro personas dicen dedicar una hora. Vamos a llamarles provisionalmente ¡¡mentirosos!!

Uno de los aspectos más criticados es que las relaciones se planifican demasiado. Yo tengo un amigo que se lo apunta en la Palm. "Un momento, que me saco la Palm". Y se saca esa mierdecilla de lapicillo que lleva la Palm y apunta: "22.30. Desabrochar sostenes; 22.32. Bajar pantalones; 22.40. Ir a la nevera a por una cerveza". Ocho minutos tarda el tío.

Es que hacer el amor no es fácil. Hay mucho curro. Por ejemplo, quitarse la ropa antes de hacer el amor es como tener contratado Endesa: siempre hay una bajada de tensión que te lo jode todo. Sobre todo en los contactos rápidos. Quieres ir rápido y siempre cometes el error de pensar que te podrás quitar los pantalones sin quitarte los zapatos. Y, vamos a ver, no se puede. No se ha podido nunca. ¿Por qué se va a poder un día?

Por no hablar del momento del preservativo. Menudo momento. Es capaz de apagar el fuego de la pasión, verbalmente. Con sólo pronunciarlo. Yo creo que si vas a un bosque ardiendo, el bombero se coloca al lado y dice: "Espera, que voy a por el preservativo", el fuego se apagaría automáticamente. Eso si no eres un patoso y tienes que escuchar la frase: "Trae, tonto, que ya te lo abriré yo".

La empresa que invente el preservativo que se pone solo se va a forrar. Lo tengo ya estudiado, tendría que llevar un microchip. Es complicado, pero, joder, hemos llegado a la Luna, ¿no vamos a hacer esto? Tú estás con el tema, silbas... Tu compañera: "¿Qué pasa?". Tú: "No, tranquila". Se abre el cajón, sale el preservativo y se rompe el envoltorio solo, rollo superhéroe, se hincha, se coloca en la vertical y viene corriendo a colocarse... ¡Flap! Si funcionara así, yo me lo pondría aunque no tuviera que hacer el amor, solo en casa.

Si tienes pareja, el curro es doble. Siempre te acabas preguntando si practica el sexo contigo por amor o por interés. Y enseguida descubres que lo hace por amor, porque interés no pone ninguno.

Aunque peor es acabar y preguntar: "¿Qué tal, cariño?". Y que te diga: "Creo que tendríamos que pintar el techo de amarillo". Eso es fatal. Por eso mucha gente opta por ponerse un espejo en el techo, que, además, da morbo. Y luego: "¿Qué tal? ¿Te pone lo del espejo?". Y ella: "Acércame las pinzas". "¿También quieres unos pellizcos, pillina?". "No, quiero hacerme las cejas".

Otra cosa curiosa son las reacciones durante el acto sexual. Yo tuve una experiencia con una chica que era de las de soplar mucho. Y la verdad es que era muy agradecido, sobre todo en verano, por el airecillo que recibía en la cara. Bueno, un día incluso me sequé el pelo. Además, era multiorgásmica, muy rápida. En los dos primeros que tuvo, yo no había hecho nada. Eso sí, en el tercero ya pude decir: "Éste es mío". Me acuerdo de que ella me preguntó: "¿Puede ser multiorgásmico un hombre?". Le dije: "Si lo contamos por semanas, sí. Ahí está Ronaldo".

Lo que me descoloca es que se pongan a reír mientras haces el amor. Hay especialistas que dicen: "Hay que ponerle alegría, es un juego entre los dos". No, no es un juego entre los dos. Llevo toda la semana esperándolo, no me da ninguna risa. Claro, al ser humorista, me pasa a menudo... Yo siempre pienso: ¿qué le hace gracia concretamente? Pero nunca me he atrevido a preguntarlo, no sea que me respondan.

E por suposto, Eufemio...

A rañala, raparig@s...

jueves, agosto 23, 2007

Hoxe vai unha de vídeos. Selección de You Tube co que se podería denomear "frikismo galego". Así, en "Plan Galicia". Porque nós, como di o anuncio de xampú, tamén o valemos e estamos na rede. Moi enredados...

Oda a Ana María Ríos



Parking mariño en Panxón



José Tojeiro e a "droja no colacao". (The Tojeiro prestitutas experience)



O mellor de Cañita Brava



Por agora nada máis... A rañala, raparigos!


martes, agosto 21, 2007

Sempre fun moi crítico coa Televisión de Galicia. A nosa, a galega, como insisten agora coa nova imaxe corporativa e o "novo" cambio e demais parvadas que nos tentan vender. Nada máis lonxe da realidade: os decorados dos informativos teñen unha sospeitosa cor vermello "pesoísta", Gayoso: "Jalhoso" anunciou a morte do Fary antes de producirse -memorable zapping cos Chunguitos moi apostemados-, os que vemos os partidos do Celta padecemos co comentarista, o Eros Ramazzotti das retransmisións, que cada vez que paraba algo o porteiro soltaba o seu: Parou Pintaaaaaaaaa! -falaba de Pinto, suponse-.

E falando d
e cambio, antes de que volvera Piñeiro, linlle nunha entrevista en El País unha resposta moi interesante á seguinte pregunta: "¿Que piensa usted del cambio en la Televisión de Galicia?" -"¿Pero que cambio? Si el único que falataba por volver era yo". Que razón ten este fulano -véxase tamen anano con gafas, extraterrestre liliputiense...-, que por certo estreou hai pouco unha nova versión do seu Magazine "Acompáñenos" -¿a onde?-. Moito máis wai e moderna con colaboradores superenrollaos que te pasas e megajóvenes. ¡Lo más de los más!. Todo iso por non falar do reality no que unha xente quere deixar de fumar e aínda por riba póñenna a facer o camiño de Santiago. Malpoucados. Iso sí preséntao Carlos Blanco (a ver macho cos monólogos tan bos que fas para qué carallo estás na tele se non acabas de encaixar -presentou aquel late night frustrado que nunca funcionou). Eu creo que quitaron o mellor: Pemán e esa predición tan útil para os mariñeiros do país: "Maruxía a forte maruxía con ventos de forza dous a catro" (ver foto)

Por todo isto recupero un texto que lin hai moito tempo no seguinte blog http://www.blogoteca.com/sempreengaliza/
O cambio nunca foi tal e mesmo o nome do meu blog provén dunha mítica dobraxe ao galego de Terminator: O s
eu "Sayonara baby" converteuse exactamente en "A rañala raparigo". Que mellor título para un blog meu, que pretendo que sexa un punto no que os que me coñecen se acheguen a temas de carallada e cousiñas que farei pero que cando as vexades ides dicir... vai rañala raparigo! Graciñas polas vosas lecturas.

O texto, de seguido:

A TVG ou Telegaita é unha compañía de televisión de gran prestixio e con programas de indubidábel calidade. A súa fundación foi aló polo ano 1670 a.C., alguns séculos antes da aparición dos televisores. Mentres tanto, adicábanse a prepará-los guións que conformarían as 235 tempadas de Pratos Combinados. É unha canle que se pode sintonizar en Galiza, España, Portugal, Arxentina e Tuvalu Ulterior.

Programas estrela

- Luar: Programa destinado á xuventude que se emite tódalas noites dos venres ininterrompidamente dende 1939, cando Franco chegou ó poder. Entre os seus contidos atópanse: baile de vellos, gaita tocada por vellos, vell
os que cantan, tres vellos contando chistes e chamadas a casas de vellos.

- Pratos Combinados: Serie pioneira do humor intelixente. Os seus protagonistas son Miro Pereira, un Homer Simpson de Galiza e o seu cuñado Morris, un anano con gafas. O argumento é o seguinte: Miro e Morris teñen un plan pra estafar aos seus amigos, sorprendentemente vailles ben, alguén ó final descúbreos e rematan fregando os pratos mentres os seus amigos comen empanada e rín. Esta fórmula funciona dende fai 10
anos.

- O Show dos Tonechos: Trátase dun programa cultural que reflexa a sociedade galega dende una perspectiva intelectual. Os seus presentadores son Tonecho e Tucho, dous expertos da socioloxía galega. De cando en vez alguén remata cunha tarta na cara.

- Xabarín Club: O programa infantil, o mellor da cadea. Foi famoso por Bola de Dragón (cuias
traduccións nas cantigas eran do máis fieis á orixinal), Doraemon (ten un peto máxico) e Arale (famoso o seu episodio da Bosta de vaca, Merda de can e Merdiña de paxaro). Tamén se lle atribúe como o impulsor do Rock Bravú nos 90, é dicir, unha especie de Bola de Cristal pero version "cajonaconaquetepariu", desgraciadamente, ó Porco Bravo só o viamos os nenos, e cantigas como Carmiña Vacaloura, Churras, Churras, Churras pero que ghalo é ou Ahí ven Tristón o Mangallón non transcenderon máis aló dos recreos.

- Supermartes: Foi un programa innovador onde os haxa. Antes de que existise Boris, na Telegaita xa tiñamos un presentador con máis pluma que a Galiña Caponata, o inefable SuperPiñeiro un mutante un pouco máis alto que Torrebruno e que tamén amenizaba as tardes aos galegos dende a Radio Galega. A pesar do seu nome non sempre se emitíu os martes. Récord absoluto de tempadas en antena das canles de Televisión en España. Comezou a emitirse fai dous séculos e tiveron que vir os sociatas pra cancelá-la súa emisión.

- En Xogo: é o clásico deportivo por excelencia. O seu parcialismo é obxeto de estudo na Universidade de Harvard. En Coruña cren que apoia aos de Vigo, en Vigo cren que apoia aos de Coruña e o certo é que son máis merengues que Deus. Cabe dicir que o comentarista dos partidos do Celta foi violado de pequeno por un cachalote e por iso fala cun ton de voz moi extrano.

- Zapping Comando: Programa orixinal onde os haxa, onde tódolos actores secundarios das series da TVG fan parodias doutras cadeas, inclusive a súa, inda que pareza que o teñas visto nalgún programa (ex: Homo Zapping) son totalmente innovadores polo que cualquera comparación sería unha burda imitacion.

- O Doutor Who (ler O Doutor Ju): serie mítica dos comezos da Telegaita na que un fulano británico de rizos (pode que un parente de Bisbal), con abrigo e bufanda se adicaba ás viaxes entre dimensións utilizando unha cabina de teléfonos. Nesas dimensións atopábase a monstrosos mutantes con cabezas de spaghetti que cuspían blandiblú por tódolos seus poros.

- Perdelo Todo: Programa novo pertencente á "limpeza" que está a facé-lo PSOE en Galiza pra borrar todo o que cheiraba a gañán. Neste programa, sabendo que só van a concursos da TVG rapaces de entre 19 e 28 anos ou de entre 50 e 75 años, todos pertencentes a zonas
rurais, ou, no seu defecto, rururbanas (cidades pero en mini, en plan Xinzo de Limia), pois este concurso trata de fallá-las preguntas, polo que estos ghañáns só teñen que respostar ben ó seu xeito. É destacábel el presentador, un saltimbanqui que se cré simpático que naceu en Vigo oi
na Coruña, debido ó seu acento pouco arraigado.

- Cifras e Letras: Programa aparecido coa chegada ó poder da coalición de nacionalistas e socialistas (nacionalsocialistas, ergo, nazis) no que o 99,9% dos participantes son estudantes da Universidade de Santiago de Compostela. O outro 0,1 son xubilados. Este concurso serve para meter sutilmente as novas palabras do galego normativizado grazas a dous "mestres": unha con apariencia de fráxil señorita na que se agocha unha verdadeira ninfómana e un señor un pouco modosiño que intenta por tódolos seus medios cepillarse á súa compañeira, algo que nunca
logrará, e menos cós seus chistes coa gracia no cú. Destacábel que o presentador viñera representar en Libro de Familia o papel de camareiro-salseiro-rumbeiro-emigrante retornado.

Outros datos

No logo da TVG, podemos apreciá-la presenza do PP... Na cor azul e a silueta da gaivota... ¿non?
Momentos clásicos. Dialogos memorábeis nas películas:

- "¿Cómo?¿Fodiches nela?": Dille o coleguiña a Michael Douglas en Instinto Básico.

- "Bueno, non empecemos a chuparnos as pirolas": Harvey Keitel aos matóns de Pulp Fiction.

- "A rañala, raparigo": O mítico "Sayonara Baby" de Terminator, versión "Jalisia profunda".

- "Para vencer a Austin Powers témoslle que lle roubar o seu...mollo": O Doutor Maligno, xunto có seu Minieu, para roubarle o "mojo" a Austin Powers.

- "¿Gustaríache comerme a perrecha?": Juliette Lewis a Tarantino nunha inolvidábel escea de Aberto até o amencer, en coxunto, unha das mellores adaptacións de guión ó galego de tódolos tempos.

- "És un pimpín Son Goku": O super guerreiro Vexeta ao seu super enemigo Son Goku.

- Dí a lenda urbana que en Pulp Fiction existe a frase "Coidado con
esa rapariga que estudiou no Peleteiro" (Pele pra os amigos; non
confirmado).

Otros momentos memorábeis

- "Papá macho paso de todo tiu": Esta frase, pertencente a Tucho do Show dos Tonechos, foi o vocablo máis repetido por toda a xuventude das areas rurais no 2005, e probábelmente até o 2050. Cabe destacar que ademáis de repetí-lo vocablo esfózanse por poñé-la voz do actor, e no 80% dos casos consígueno.

- "Me cagho na cona que te pariu Ghayoso, hai xente que ten que traballar mañá, carallo" Paisano tras recibir unha chamada do Gayoso de Luar ás 12 da noite.

- "Detesto a miña pixa" Un paciente da serie Nip/tuck (traducida intelixentemente ó galego como Quita e Pon) quéixase do tamaño do seu pene.

- Os comentaristas dos partidos de fútbol da TVG son unha fonte inagotábel de grandes frases: "Vaia ano o de Baiano".

"Palabros" inventados pola TVG e que ninguén máis utiliza

- Padiolas: díse das camillas utilizadas no fútbol.

- Parabéns: díse da felicitación polas razóns que sea.

- Sobranceiros: díse dos antepasados de alguén.

- Alacante: díse da cidade da Comunidade Valenciana.

- Cecais: din os comentaristas deportivos no canto de quizáis.

- Grazas: expresión de agradecemento en Xunteiro (lingua oficial da Xunta e a TVG), de recente creación; en portugués dise "obrigado", e en galego, castrapo, castelán, chapurrado, curuñés e vighés dise "gracias".

- Calquera nome estranxeiro, como "Kloifer" (Kluivert), "Kokí" (Cocu- leer "co cú"), "Flavio Conseisón" (Flavio Conseição), "Luisón" (Luizão), "Cuman/Coeman/Coiman" (Koeman), "Seidorf/Sedorf/Seadorf/Sidorf" (Seedorf) , "Fan Jal"(Van Gaal) ou "Fran de Bur"(Frank de Boer).

Como non podía ser doutro xeito, engado o vídeo de Dallas, recordado por moitos... "Estás bébeda Sue Ellen"...

E o momento no que Gayoso goloso anunciou a morte do Fary!

Polo de agora nada máis, pero no futuro moito mellor!