lunes, noviembre 19, 2007


Encheron 10 noites seguidas o Prudential Center de Newark, sito en Nova Jersey, a súa casa... E agora a xira Lost Highway continúa en Canadá, deixando perlas coma ésta, en Ottawa, que demostra que cos anos melloran o seu directo, o seu estilo... Savoir faire dise en francés. Richie e Jon subidos nunha plataforma no medio do público interpretando I'll Be There For You. Para correrse. E non hai máis que dicir... O audio está nítido, pero xa sei que a imaxe é mellorable. Aínda así creo que merecía unha entrada no blog. Que chegue canto antes o 1 de xuño do ano que ven para admirar a unha das mellores bandas rockeiras dos últimos 25 anos. A cita, xa sabedes, no Olímpico de Montjuic en BCN. Aínda estades a tempo de mercar as entradas. Iso sí, as máis caras e próximas ao escenario xa están esgotadas.

domingo, noviembre 18, 2007

Fin de semana de colección de vídeos de YouTube.
Trala recente polémica entre Chávez e o Rei, aí vai outro vídeo que amosa o carácter do monarca. Nunha visita ao País Vasco non dubidou en facer o que ides ver a certos manifestantes que estaban na súa contra...

Un 'ex' deses que se recordarán toda a vida: Manuel Fraga. Perder os nervios e decir verdades "a pelo" foron dúas das súas máximas na política...


E ademais un galano: Esta curiosa curtametraxe na súa... ¿honra?

A mensaxe subliminal que esconden os Lunnis...

...E os goles que se marcan na Liga alemana. País, o xermano, no que, por certo, son expertos en salchichas

E até aquí. A rañala, raparig@s!

jueves, noviembre 15, 2007

Xa teño a miña entrada para ir ver a Bon Jovi... e comparto a miña ledicia posteando o seu último videoclip. En exclusiva para ti e só no meu blog. Gozade de 'Till We Ain't Strangers Anymore, unha fermosísma balada a dúo con Le Ann Rimes (Sí, a da banda sonora do Bar Coyote).

lunes, noviembre 12, 2007

5 anos e 9 días despois volverei estar con eles...Estimados Richie Sambora, Tico Torres, Jon Bon Jovi e David Bryan:
Con vós pasei a mellor da noite da miña vida (se exceptuamos as pasadas en compaña feminina, claro está). Agardo que o vindeiro 1 de xuño (que amarga espera) se repita a éxtase orgásmica do voso directo. See you!

domingo, noviembre 11, 2007

Pipi, Luci, Bon y otras chicas del montón. Quero dicir O rei, Chávez, ZP e o primo de Rajoy. Ou sexa tontosdocú escrito toxunto. Eu non sei se esta xente pode representar a alguén máis ca eles mesmos...

Rajoy: "Mi primo, catedrático de física en la Universidad de Sevilla..."

viernes, noviembre 09, 2007

Pérez Varela, culture conselleiro. Este insigne personaxe non só tirou os cartos facendo o mausoleo de Fraga, máis coñecido co nome de Cidade da Cultura. Tamén, cando había Xacobeo -ese invento de non sei que cousa de entre X anos que o chirimbolo cae en domingo 25 de xullo e que o Corte Inglés aproveita para vender cunchas de vieira e gaitas pequenas, pero bueno, o tamaño non importa se nos cremos as mentiras-, traía aos grupos máis reseñables do panorama musical internasioná. Pa presumir!!!!. Normal. Na Galicia dos trens de alta velocidade, do emprego de calidade, das autovías e autopistas máis rápidas e seguras... o que sobraban eran cartos. E o por aquel entón conselleiro (non vou dicir noso porque eu nunca votaría tal cousa) traíanos a Daviz Bobi, aos Seminal Brodes e a Vrian Adans. Porque en Jalisia outra cousa non, pero cultura hóuboa por doquier e tal dende que os gandeiros non protestaban pola cota láctea (cando os grises que non permitían protesta aljunha). Non me extraña que se lle acabara facendo unha Cidade da. País. Disfruten (gocen en idioma xunteiro-telegaiteiro) do seguinte vídeo vostedes que coma galegos estudiaron (ou polo menos podían facelo) nunha das tres excelentes universidades que temos, cunha formación de profesorado e unha calidade material e práctico-teórica acolloante. Xente culta vamos.