lunes, diciembre 24, 2007

Quizais o nadal sexa a época do ano na que máis electricidade (para alumeado) se consume. Nestes tempos de cambio climático Greenpeace quere que moderemos o consumo...

domingo, diciembre 23, 2007


En decembro de 1969, John Lennon gastou máis dun millón de dólares nunha campaña coa seguinte frase: "A guerra rematou, bo Nadal". Era unha protesta pola guerra do Vietnam.

Dous anos despois, a finais de outubro de 1971, coa axuda do productor Phil Spector, Lennon grabou a canción coa mesma idea e a mesma frase. En realidade, recreábase nunha canción popular, antiquísima, do século XVIII, chamada 'Skewball', sobre un cabalo de carreiras. Pero esta versión de John converteuse na canción que máis se oe no mundo durante estas festas... O mundo segue xirando nestas datas de consumismo e gula. Hai guerras, o planeta está cada vez máis fodido, o pan vale moitos centimos máis que hai escasamente un mes... Esta é a miña particular felicitación. BO NADAL A TOD@S AOS MEUS AMIG@S!

martes, diciembre 18, 2007

Pedro Carreño, Ministro de Interior y Justicia de Venezuela debátese entre o socialismo e o capitalismo...