viernes, junio 27, 2008

En La Voz de Galicia deixan escribir a calquera!
A especulación urbanística tamén se combate en Galicia. Concretamente onde vivo agora, en Carballo.

martes, junio 24, 2008

Unión Fenosa, somos a luz que te ilumina!

(Estación eléctrica abandonada en Carballo, provincia d'A Coruña, Galisia, Spain)

(Véxase a merda que rodea ao suxeito. Pode considerarse complemento circunstancial de noxo)

lunes, junio 23, 2008

Ana García, reporteira gráfica de La Voz de Galicia, fai fotos excelentes, como podedes ver de seguido. Aí estou eu, a pé de campo, no estadio Novo Raíces de Cee, retransmitindo o partido de ida da final de Copa da Costa onte domingo. Por certo, para os amantes do fútbol da comarca de Bergantiños e Costa da Morte: Todo se resolverá no partido de volta o vindeiro domingo 29 de xuño, no campo O Pinguel de Ponteceso, despois do empate a un tanto do primeiro encontro (Cee 1-Ponteceso 1). A partires das 17.30 horas podedes escoitalo en Radiovoz.


viernes, junio 13, 2008

Ao mellor coñecedes a quen fixo esta entrevista... Aquí vola deixo. Unha aperta!

martes, junio 10, 2008

Urbanización "condominio privado"

viernes, junio 06, 2008


Tentando á sorte...

jueves, junio 05, 2008

ATOPEI TRABALLO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!. E por seis meses... Non está mal, non si? O certo é que estou encantado. Despois da miña última etapa cun contrato de substitución en Radio Nordés-Cadena Ser, recibín a chamada dun compañeiro de La Voz de Galicia informándome de que buscaban xente para Radio Voz en Carballo. Despois das entrevistas oportunas... Conseguino!. Nesta etapa laboral que comezo, fago entre outras cousas un programa de deportes comarcal. Podedes escoitalo on-line no blog de La Voz del Deporte de Radio Voz Carballo: radiovozdeportes.blogspot.com. Podedes escoitalo entre as 14.15 e as 15 horas, de luns a venres. Nada máis por agora. Saúde!