lunes, septiembre 22, 2008

Dende hai un tempo fago en Radiovoz o Magazine Voces de Bergantiños. Entre as 8 e as 11 da mañá. Podedes escoitalo por internet, seleccionando "escucha Radiovoz". Compleméntoo cos deportes porque dende hai tempo o compañeiro que o facía marchou e de momento os mandamases aínda non decidiron se me quedo eu no Magazine, tómándolle o pulso á actualidade da comarca de Bergantiños, Soneira e Fisterra ou fago só os deportes e o informativo. É dicir, fago todo. Sen comentarios.
Déixovos no seguinte enderezo unha entrevista que mantiven no programa co Vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, falando da rede de galescolas e do plan acuícola. Accederedes a unha web onde está aloxado o arquivo en mp3. Premede descarga gratuita e seguide os pasos. É fácil a pesares de estar en inglés. Un saúdo.

ENTREVISTA A ANXO QUINTANA

miércoles, septiembre 03, 2008

O meu primeiro coche: Citroën Xsara 2.0 HDI Image, color burdeos:

A pesares de ser xa un coche veterano ten un moi bo motor, con 2.000 cc e 90 cabalos que o certo é que parecen moitos máis. De feito a tecnoloxía "HDI" de motores diesel con turbo e intercooler que empregan moitos modelos actuais de PSA Peugeot Citroën, naceu con este motor, moi fiable. Ten unha media de consumo de gasoil de 5,7 litros/100km (que polos kilómetros que lle levo metido parece ser certa). No que se refire a equipamento, é bastante completo, tendo en conta que o merquei de segunda man: 4 airbags (2 frontais e 2 laterais), frenos de disco ás catro rodas, elevalunas e espellos eléctricos, e peche centralizado con mando. E o máis importante; lévame e tráeme que é o que quería.

Este post non vos recorda a este outro?
Saú2