jueves, octubre 16, 2008

Canto boto de menos os meus tempos de universitario...

Con este "striptís" comezou o curso na Escola de Arquitectura Técnica de A Coruña. Supoño que a clase iniciática iría de monumentos. E seguro que nesta primeira clase a afluencia do alumnado foi masiva. Vai ser difícil agora manter as cotas de asistencia. Unha clase práctica como en calquera outra facultade de arquitectura na que os alumnos aprenden a dureza da viga, piar básico á hora de construír. En fin, unha mostra arquiTETÓNICA moi aconsellada no comezo do curso.

Agora en serio. Isto é unha p*t* vergonza que dá mostra do tipo de ensinanza universitaria que se está impartindo en Galicia e polo estado adiante. As tres universidades galegas son máquinas de emprego para moitos e moitas inútiles. Tres universidades coas súas aulas baleiras e os despachos cheos de profesores e demais funcionariado cómodamente apoltronado. Tres universidades con non sei cantos campus para que a todos nos quede preto da casa unha facultade? Se a cambio este é o tipo de ensinanza que se imparte imos de cú. Tres universidades, as galegas, con másters, programas de doutoramento e de investigación cuxos títulos non poderían ser empregados nin coma papel hixiénico -no seu 99.9%-. Nin iso, o papel hixiénico non merece semellante comparación.

A pesares de todo, sigo botando de menos a universidade. Como rañei o bandullo no meu Santiago natal estudando 2 meses de cada 9 e con 3 meses de vacacións por curso. É certo que hai carreiras máis compricadas ca outras e certo profesorado válido. Pero o modelo universitario actual dá noxo. As matrículas son cada vez máis caras e prímase menos ao estudante que realmente o é. En favor dunha mediocridade xeral cada vez máis pronunciada. Supoño que en tempos de crise económica hai que replantexarse tamén o sistema universitario. Especialmente o galego.
Versión 2.0: Os deportes...

viernes, octubre 03, 2008

Aquí me tedes comandando unha das tertulias semanais -de luns a venres- de Voces de Bergantiños en RadioVoz. Programa que se emite entre as 8 e as 11 da mañá...

Lamento a mala calidade de imaxe, saqueina da web da Voz de Carballo. Aquí vos deixo un enlace por se queredes ler a nota publicada ao respecto
Saú2!