miércoles, noviembre 19, 2008

Quen dixo que só en Madrid e polo estado adiante se fan obras sen sentido? Na comarca de Bergantiños tamén se sabe delas. De cartos tirados en obras abandonadas e sen utilidade (polo menos de momento). A veciñanza de Carballo amosa o seu parecer con vídeos de crítica constructivo-destructiva. Pasen e vexan:

jueves, noviembre 13, 2008

Aínda que xa chego algo tarde como para tratar o asunto, posto que para os que vivimos pendentes da actualidade o Plan Galego de Acuicultura, aprobado polo Consello da Xunta o pasado mes de agosto, xa pasou, voume permitir o desafogo de expresar brevemente ou mellor dito, gráficamente, o que opino do mesmo. Voume servir do exemplo da piscifactoría que a empresa Stolt Sea Farm ten en Cabo Vilán, en Camariñas. Conta con máis plantas deste tipo en Merexo (Muxía) e en Quilmas (Carnota), sendo por iso e polos seus despidos inxustificados de empregados/as moi querida na Costa da Morte...
Érase unha vez un fermoso lugar, na sempre inquitante Costa da Morte:

Reduzo zoom e cambio teleobxectivo por gran angular para que o vexades mellor:

Un bo día, alguén (políticos e empresariado) tivo a gran idea de instaurar alí unha piscifactoría. Daría emprego a moita xente e xeraría moita riqueza -escoitábase nas televisións e nas radios dos veciños do lugar-. Os impulsores (da idea?, da ocurrencia?, do nabo?, do grelo?...) non se pararon a pensar que quizais axudando á pesca doutro xeito, fomentando as artes de baixura, renovando os fondos mariños para non esquilamalos, etc. habería outras solucións para volver facer do sector pesqueiro, algo rendible economicamente. E isto foi o que fixeron rotando 180º sobre o voso eixo con respecto á imaxe anterior:

Por se acaso non se aprecia claramente o ben que queda a piscifactoría neste emprazamento doulle ao zoom a cañón:

Definitivamente esta picifactoría está "buenorra". Unha delicia vela en calquera pafeto marcando cemento e plastiquete. Que ben lle acae calquera cousa... Ay omá! que rica!!
ESTA ABERRACIÓN CHÁMASE PISCIFACTORÍA. E O PLAN GALEGO DE ACUICULTURA QUERE FACER MÁIS XUSTIFICANDO A CONSTRUCIÓN EN XERACIÓN DE EMPREGO (?) E DE RIQUEZA (?). TOCOULLE ELABORALO AO BIPARTITO, PERO O MESMO FIXO NO SEU MOMENTO O PP (AÍNDA SE QUEIXAN DA MARCHA DA MAIOR E MELLOR PLANTA PISCÍCOLA DE CABO TOURIÑÁN (PROXECTADA EN MUXÍA) A PORTUGAL. GRACIAS, TOURIÑO. GRAZAS, QUINTANA. AH!...

Que razón teñen en Camelle... Se Man erguera a cabeza...