lunes, enero 21, 2008


Estou ata os mesmísimos da SGAE (Se forades traballar á batea carallo! -que diría o outro-)!!!!!!!!

viernes, enero 18, 2008

Quen non recibe no seu mail moitas mensaxes con publicidade. É o denomeado spam. A min hai unha caste de mensaxes que me molestan especialmente. Aquelas que venden viagras e promocionan alongamentos de pene (sen coñerceme a min e o máis importante, sen que lles presentara a ela)... Precisamente Berto Romero na súa sección en Buenafuente fixo unha interesante e irónica reflexión esta mesma semana sobre o asunto coa cal me sinto totalmente identificado... Aquí vos queda:

jueves, enero 17, 2008

A piques de comezar a campaña electoral o Partido Popular fixo xa a súa estrataxema para confundir (aínda máis do que o fixo durante toda a súa lexislatura na oposición) ao electorado. Prescindir de Alberto Ruiz Gallardón para as listas ao Congreso. Esta decisión de Rajoy xa está dando os seus frutos. Os apoios ao alcalde de Madrid multiplícanse ao mesmo tempo que as críticas á executiva acebes-zaplanesca do partido. De feito proliferan blogs de apoio pro-Gallardón na rede con máis de 80.000 votos a día de hoxe: Que ben lles saíu a xogada! Se o alcalde cumpre a súa promesa, dimitirá do seu cargo, cedéndollo, con probabilidade a Ana Botella. Pensa alguén que a Rajoy non lle afectou a ostia que se meteu no helicóptero? Hai peor maneira de perder os votos dunha cidade con máis de 4 millóns de habitantes?. A min só me queda darlles a noraboa!
En el fondo, te tienen miedo Alberto é o lema escollido nun dos blogs de apoio ao (aínda) alcalde de Madrid

miércoles, enero 16, 2008

Os galegos non somos especialmente coidadosos co noso entorno. Lémbrome agora da multa millonaria que a UE quixo poñernos hai uns meses por destrozar mediambientalmente a ría de Vigo, a especulación urbanística na costa ou mesmo moitos barrios das cidades galegas (véxase o mal chamado "ensanche" compostelano, quizais "estreche" o defina con maior claridade). Déixovos unha colección de instantáneas tomadas por internautas do país que reflicten as chapuzas "made in Galicia". Podedes ver máis ou remitir ás vosas na edición dixital de La Voz de Galicia.






Inmigrante ilegal recén chegado ao aeroporto de Barajas? Welcome to Spain!, un estado no que a seguridade brilla pola súa ausencia. Estimado narcotraficante, querido albanokosovar roubachalés, prezada prostituta manipulada por mafias... recibímoste cos brazos abertos (e as portas). Máis info no vídeo que segue: