jueves, febrero 28, 2008

O prometido é debeda. Tal e como anunciara a semana pasada, aquí tedes Eu Vs Yo, a longametraxe documental sobre a situación da lingua galega realizada en abril de 2004 por Roberto Conde e Iago García. Nela expóñense imaxes de arquivo, datos sociolingüísticos, entrevistas a pé de rúa e cóntase coa participación, entre outros, de: Víctor Freixanes (director da editorial Galaxia), Xosé Luis Barreiro Rivas (politólogo), Delfín Caseiro (profesor de ensino secundario), Carme Hermida (lingüista) ou Clara Castilla (xornalista).

Agardo que vos guste!
O debate de onte foi, efectivamente, histórico. Pero simplemente polo feito de non terse realizado dende hai moito tempo entre os políticos do noso país. Isto foi, ao meu ver, o mellor da cita desta pasada noite. O peor, tal e como me temía e comentei na entrada de onte foi o debate en sí mesmo. Foi todo segundo o guión previsto. Primeiro, a nivel televisivo. O maior espectáculo foi a realización. Todo un despregamento de vatios de luz e cámaras por doquier que enriqueceron moito o exterior do Hotel Monumento San Francisco e o seu claustro interior. O presentador, Alfonso Hermida ténme gustado máis noutras ocasións, é dicir cando informa e non cando simplemente cronometra, como fixo onte. E é que as condicións pactadas entre os políticos e a TVG descafeinaron moito o programa. Iso é o que agardabamos da cita histórica? Queriamos ver un debate e ao final houbo case tres monólogos. Houbo escaso corpo a corpo e iso, os votantes, que adoitan defender as ideas dun seu representante fronte a outro non mola un carallo. E ao final foi algo aburrido, o formato dos bloques (estruturados en economía, infraestruturas, autogoberno, políticas sociais e o peche), tan minutados eles. Para rematar, e segundo as enquisas a internautas nas edicións dixitais de La Voz de Galicia e El Correo Gallego (que reproduzo a continuación), o gañador foi Quintana:
Eu estou de acordo. Feijoo e Touriño repetiron o que dixeran os seus respectivos líderes estatais hai tan só dous días antes... e iso non aportou nada novo para Galicia. Soubo, a pesares de saír máis desfavorecido nos turnos de palabra -pactados antes do programa- que Touriño e Feijoo, buscar o seu oco, o seu nicho para a audiencia. E sobretodo saíuse do guión previsto do que antes falaba, marcado como unha faixa que non deixa respirar para evitar que se convertira nunha guerra só entre dous (e que dous bos peixes, que se adoita dicir!) e para que se falara dos nosos intereses como país. Gustoume o seu peche e a súa frase: "Unha Galicia dona de si". Veremos se escollemos sela o vindeiro 9-M.

miércoles, febrero 27, 2008

Hai debate! E que debate nos ten preparado a Telegaita (un pouco de memoria histórica, por favor) para esta noite ás 21.30 horas. Adxunto unhas fotos desta mesma mañá do despregamento que atopei ao saír da miña clase de inglés (que teño moi preto de onde se vai facer, o Hotel Monumento San Francisco, en Santiago):
Primeiro de todo gustaríame dicir que cosidero o debate necesario e positivo. É unha boa maneira de observar como os partidos políticos teñen pensado actuar no noso país a pesares de tratarse dunha eleccións xerais. Que papel terán os deputados galegos en Madrid defendendo os nosos intereses. Veremos que nos teñen que dicir Touriño, Quintana e Feijoo. E agora van as miñas críticas ... O debate debería facerse en instalación do ente público de radio e televisión. É vergoñento que as instalacións de San Marcos non poidan acoller eventos desta categoría. A producción do debate tiña que ser, igualmente, propia da tele que pagamos tod@s. Non vai ser así. Na primeira fotografía podedes ver fotografías de unidades móviles dunhas productoras que externalizan o programa, concretamente Pórtico e Tripede. Que as series de ficción e outras produccións máis ou menos festivas se cedan a terceiros está ben, pero isto son palabras maiores. Deixando de lado o ámbito televisivo cómpre felicitar a Quintana, o único que non puxo condicións para acudir á cita, cousa que sí fixeron Touciño e Frijolito, aconsellados polos seus inútiles asesores. Por este motivo agardo non ver unha repetición do debate estatal, tamén necesario e interesante pero moi descafeinado polos tempos cronometrados e a escasa interlocución... Finalmente, para os amantes do medio (televisivo) adxunto a planta de realización do programa e o plató. Como podedes observar nas fotografías postas ao comezo, a segunda e terceira fotografías recollen a parte da entrada. Podedes ver a torre de iluminación e a ubicación da cámara grúa-cabeza quente. Ao carón dela poñeranse as outras dúas, respetando o eixo para non despistar aos telespectadores.
Que vostedes o vexan ben. Senón a alternativa é Esquerda Unida. Quero dicir, a semifinal de copa Barça-Valencia (Telahínco), as pelis Seis días e sete noites (LaGuan) e A tormeta do século (Antena Pies), a serie Reaper (LaCexta de ZP) e Anatomía de Gais (Cuatro) ou o altamente zapeable Hijos de Rabel (LaDeux). Puto bipartidismo. Nunca hai alternativa!

lunes, febrero 25, 2008

viernes, febrero 22, 2008




Canto temos que aprender dos animais!
Da curtametraxe Entrambosmundos, que fixen con Roberto Conde e Noa García xa falei no meu blog, como podedes ver aquí ou en YouTube . Agora podedes ver como foi a rodaxe co making off...

E como xa ven sendo habitual cada venres, con este novo vídeo pretendo entretervos unha pouquiño esta fin de semana. A vindeira, outro, un documental que codirixín precisamente con Roberto Conde... Sede pacientes!
Agora sí. Eurovisión ten sentido. Contra a unión dos países do Leste. Contra os "guaperillas" vestidos de comerciales. Contra os zorróns con pouca roupa -que empacho de tetas, carallo!-. Contra cancións que van de serias como a das gilipollas das Ketchup... Contra toda esa caspa xurde o movemento chiki-chiki.:1, el Brikindance; 2, el Crusaíto; 3, el Maiquelyason; 4, el Robocop...

Podes votar a canción de Rodolfo Chiquilicuatre (un dos personaxes do programa Buenafuente) para que vaia a Eurovisión aquí . Este ano sí que nos vamos a divertir en Eurovisión. Tardamos case tanto en que chegara o AVE a Galicia, perdón, a Cataluña, que me confundo...
E unha cousa máis. Neste mundo de hoxe no que é tan difícil atopar algo bo (musicalmente falando) hai quen do defecto fai virtude...


Isto sí que é rumba-pop e non Estopa!

sábado, febrero 16, 2008

Preséntovos Milagros. Unha muller e un documental. E viceversa.

MILAGROS
Uploaded by IagoGarcia
Noraboa a tod@s @s que o fixemos posible

viernes, febrero 15, 2008

Hoxe foi aberto á circulación o tramo Santiago - Brión da autovía AG-56, que unirá, cando estea rematada, a capital de Galicia e Noia. O presidente Touriño (Touciño, Torito) e María José Caride (Caribe) posaban orgullosos nun acto que tufaba a campaña electoral, cousa normal tendo en conta as datas nas que nos atopamos (pero foi licitada polo PP, non si?)... Sexa como fora era unha infraestrutura moi necesaria para cidadáns de localidades coma Bertamiráns, que co crecemento demográfico dos últimos anos e o conseguinte aumento de vehículos, sufrían importantes retencións pola vella estrada... A cuestión é que precisamente hoxe me fixeron chegar unhas fotografías doutro acto institucional de alto nivel (chámaselle así, pero non deixan de ser paripés de politiqueo barato) no que eu estiven cando traballei no Gabinete de Comunicación do Concello de Ames. Cando a apertura do curso se fixo no colexio amiense do Agro do Muíño. Faime gracia ver a Touriño e a Sánchez Piñón tentando ser "coleguillas" dunha alumna na aula de informática e eu en segundo plano, de pé, gravando o momento:
Gracias César Galdo pola toma. Gracias Flor Robleda por mandarmas. Boa fin de semana!

viernes, febrero 08, 2008

Desexo a todol@s visitantes do meu blog unha boa fin de semana. E para entreter aos que gocen de tempo de lecer estes días posteo un vídeo que veño de colgar recentemente en YouTube. Trátase dunha curtametraxe que realicei con compañeiros de facultade (antes) e de profesión (agora). Trata o tema da violencia de xénero... A pesares da "dureza" da trama agardo que sexa do voso agrado.

Saú2

lunes, febrero 04, 2008

Gozan dun bo retiro os meus pais na capital de A Mahía, Bertamiráns. Alí fixeron unha fermosa casiña onde aproveitan hoxe as fins de semana e os días de lecer e aproveitarán mañá a doce xubilación. Fixen unhas fotos (da casa e da vila) para documentarvos sobre a súa acertada construcción arquitectónica e ubicación xeográfica. Aquí vos quedan...
IMOS AGORA COA FERMOSA VILA DE BERTAMIRÁNS....
Comezamos polo paseo fluvial:
Agora a Praza do Concello:
A casa consistorial amiense:
A Praza de A Mahía:
E a miña praza favorita da vila, a de Chavián, cos detalles do parque infantil, o campo de fútbol sala, a casa da cultura e o centro de saúde:
Isto foi todo o que deu de si unha fotográfica tarde invernal (chuva incluída) na capital amiense

viernes, febrero 01, 2008

Todavía recordo con certa nostalxia aquel día.Unha tarde de primavera converteuse nunha improvisada rodaxe dun videoclip que servíu para que Iago García aprendera a montar mellor (refírome a vídeos co avid, clarostá)... acompañárono na aventura o grupo OS FONSECOS. Trátase de Samanta Fernández e Lucía Cortiñas (voz, guitarras e batería), Roberto Conde (animador) e Mery Loira (animadora)... Entre todos (Noa García deixounos a cámara) fixemos esta homenaxe. Para a xente que é de puta madre e de pata negra. Viva a Praza de Fonseca!

Até a próxima!