jueves, enero 29, 2009

De campaña...

Xa que estamos en plena campaña electoral, vou aproveitar para facer a miña. A pesares de que os programas que xa fago en RadioVoz Bergantiños poden seguirse a través da rede. Falo de Voces de Bergantiños (de 8 a 11 horas e de La Voz del Deporte de 14.20 a 15 horas), pode dar pereza escoitalos a través do ordenador (ou non) xa que son comarcais. Recordade que tedes as webs da Voz de Galicia en Carballo -premendo "Escoita RadioVoz en directo"- e de RadioVoz -escollendo RadioVoz en Carballo- para poder facelo.

O caso é que este venres presento (e estreamos) o programa EcoVoz a nivel Galicia, co cal con poñer Radiovoz no voso transistor en calquera emisora podedes escoitar este programa. O seu horario os venres é de 16:05 a 16:35, e trátase dun programa sobre ecoloxía e medio ambiente con entrevistas e consellos medioambientais (repítese os sábados de 9 a 9:30 horas). Os sábados a partires da semana que ven comeza o Ecopreguntoiro, un programa-concurso no cal participan nenos e nenas de sexto de primaria de 16 colexios das catro provincias galegas. Emitirase de 12:30 a 13 horas. Vai sobre coñecemento do medio.

Recórdovos as distintas sintonías de RadioVoz:
-Bergantiños: 99.8 FM
-Costa da Morte: 106.9 FM
-Santiago: 106.1 FM
-Ourense: 101.4 FM
-Vigo (e agardo que chegue ao Morrazo): 103.8 FM
-Lugo: 105.6 FM
-A Coruña: 92.6 FM

O resto de emisoras podedes consultalas na web de RadioVoz, que por certo vai ser modernizada próximamente. Xa darei noticia deste feito. Aproveito a rede para agradecer ao equipo de RadioVoz Bergantiños o traballo que realizamos: Juanjo Vales, técnico e Jorge Varela, compañeiro de fatigas informativas. E tamén de paso agradecer a Casal, fotógrafo da Voz en Carballo as fotos que me sacou para a antes mecionada páxina web. Para mostra a que inclúo para rematar este post:

Deica! (e perdoade que non actualice con frecuencia pero afortunadamente traballo non me falta -que ganas teño de coller vacacións!-)

viernes, enero 09, 2009

Onte ás nove da mañá faciánse públicos os datos referidos ao paro no mes de decembro. Por primeira vez na historia supéranse os 3 millóns de parados no estado (concretamente 3.198.079 homes e mulleres en idade de traballar non poden facelo). Non sei se iso de "año de nieves, año de bienes" -moito neva en Galicia hoxe- se vai cumplir. Dubídoo moito e precísanse solucións ao respecto.
Na comarca onde curro, a Costa da Morte, o paro está incidindo sobre todo no sector da construción, onde sube ata un 50%. 1.592 persoas están paradas en Bergantiños, Soneira e Fisterra. A crise chegou con creces. Que ninguén diga que os medios de comunicación somos alarmistas con respecto a isto.
A pesares de todo vou rematar con ironía referíndome ao sector da construción. Se fora por Manué, moitas empresas de demolición irían a quiebra. Ver para crer.

E di aínda por riba que está inspirado... ANIMALIÑO...