martes, junio 30, 2009

Mentiría se dixera que son un gran fanático do fútbol. Gozo cun bo partido e teño as miñas preferencias futbolísticas... pero cada vez son máis consciente de que o fútbol das "estrellas", das primeiras divisións, dos contratos millonarios, das televisións endebedadas... non vai a ningures. Xa non é deporte, é negocio. O que é deporte é o fútbol en categorías de base, en clubs de localidades que ofrecen aos seus veciños un espectáculo bonito a prezos "populares". O fútbol da Costa da Morte é un bo exemplo de deporte, pero tamén de espectáculo. O pasado domingo disputouse o partido de ida da final de Copa da Costa no campo do Pinguel en Ponteceso, entre o conxunto da vila de Pondal e o Soneira. O vindeiro domingo, a volta no municipal de Vimianzo. Toca pringar no curro e retransmitir os encontros, pero mentiría (de novo) se dixera quen non me gusta compartir o encontro cos veciños da Costa da Morte que gozan coa festa do fútbol da Costa. E mentiría (debe ser que son moi mentiroso definitivamente) se non dixera que compartir locución, entre outros, co ex árbitro galego máis internacional, Raúl García de Loza, é un verdadeiro luxo. O domingo máis e mellor en Radiovoz. Co meu colega José Manuel Ferreiro, da Voz de Galicia, saberemos quen levanta a Copa, a pesares de ser domingo de resaca. A partires das 18.30 horas no 99.8 do dial e en internet (www.radiovoz.com, lavozdeltrabajo.blogspot.com e en www.lavozdegalicia.es/carballo)

O domingo, no Pinguel, de esquerda a dereita, con José Manuel Mato (presidente do Ponteceso) e co alcalde da localidade (José Luis Fondo)

martes, junio 16, 2009

Mostra dunha mostra... Neste caso a Semana Verde de Galicia '09, no recinto feiral de Silleda:





jueves, junio 11, 2009

Os traballadores do Concello de Corcubión sonche así. Véxase, por exemplo, o que escribiron nesta apetecible porta, minxitoriamente falando...


Ao final, mexei na casa.