jueves, diciembre 09, 2010

A pesares da foto, as miñas últimas vacacións do ano, estupendas

Novembro 2010. Aveiro, Portugal

sábado, noviembre 20, 2010

Actualización de traballos televisivos...
A campaña electoral máis pornográfica:

Narración en directo da visita do Papa -unha ínfima parte-:

viernes, octubre 01, 2010

La Razón. Periodismo 2.0. Ollando esta nova un non sabe que pensar. O titular aproba, pero catalogar unha condena dentro da sección "asuntos sociales" e poñerlle unha foto dun coche patrulla cunha árbore de marihuana enriba, ao mellor non é o máis correcto... Iso sí os gardas civís sobornados con caixas de gambas, manda carallo!!, Non sei se o correxirán pero podedes velo aquí ou ben visualizar a captura tal e como eu a vín:

martes, septiembre 14, 2010

Que se note que traballo na tele. E que poño a caldo a populares e bipartitos. A vergoñenta situación dos parques empresariais da Costa da Morte.

domingo, agosto 15, 2010

Mañá toca volver ao traballo... Canto máis estou na tele, máis boto de menos a radio... Sesión fotográfica de lembranzas:

(Antes de engordar 10 kilos)

(En plena tertulia)

(Traballando a pé de campo nunha final da Copa da Costa)
E mañá adeus ás vacacións!

lunes, julio 26, 2010

Pechado por vacacións ata o 16 de agosto!

domingo, mayo 09, 2010

Juraría que era humano el ente que me atendió...

viernes, abril 23, 2010

Si hacienda somos todos... Por qué carallo pagamos siempre los mismos?. Menos mal que no caí en la trampa y no me compré carro nuevo con el Plan 2000E. Más info aquí.

miércoles, marzo 24, 2010

O que todos pensamos algunha vez e só esta nena se atreveu a dicir (en pleno informativo de LaSexta):
O "presi" liouna parda en Boqueixón. Manda calar aos "seus", que non lle deixan falar. Di que se vai ir tomar unha copa á unha da mañá cunha militanta e entre os seus compromisos coa localidade coruñesa sobresae que se vai quedar de marcha na localidade ata as 6 da mañá. A imaxe grabárona os militantes cun móbil e a calidade non é boa. Pero o audio non ten desperdicio:

domingo, febrero 28, 2010

Ao final a cicloxénese explosiva non foi para tanto. Ou sí? Así baixaba este mediodía o río Anllóns en Carballo:


sábado, febrero 27, 2010

Seica hoxe pola tarde Galicia está en alerta meteorolóxica vermella por fortes ventos e choivas (chega o ciclón Xynthia). Que recomendan as autoridades na materia que fagamos (meteorólogos en definitiva)? Debaixo a resposta:

Vai tocar desempolvar o parchís e botar unha partida...

jueves, febrero 25, 2010

Despois de que Rosa Díez (non vou presentala, non o merece) empregara a palabra "gallego" coma un insulto onte...

...Un podería como galego sentirse ofendido. Pero Rosa, coma ti nin eres galega, nin eres lista, nin eres guapa, nin eres política, nin sabes o que é estar nun partido político semidecente e ademais vives do conto (do teu conto de fadas que non sei de onde sacaches); non che vou dicir nada. Pero recoméndoche que vexas esta tira de Pinto & Chinto:

Segue así Rosa!

miércoles, febrero 24, 2010

Cando un ten traballado nunha determinada localidade, chamémoslle (A); cuns determinados personaxes, poñamos (M); con feitos semellantes que lle ocorreron a outros traballadores anteriormente -os da limpeza- (E); e cun responsable que se preocupa máis por acumular cargos en organismos inútiles (S); que por resolver os problemas reais da poboación, non se sorprende de que todo sumado saia AMES...

(Fonte: La Voz de Galicia) Trabajadores de instalaciones deportivas se encierran en el despacho del alcalde de Ames.
23/2/2010. Un grupo de siete u ocho trabajadores de instalaciones deportivas se han encerrado sobre las once de la mañana en el despacho del alcalde de Ames, Carlos Fernández, en el marco de las protestas y la huelga que están desarrollando para pedir mejoras en su convenio laboral. Han entrado a la carrera en el despacho y han atrancado la puerta con muebles. Funcionarios municipales y agentes de la Policía Local y la Guardia Civil consiguieron finalmente, y tras un forcejeo, entrar en el despacho y desalojar a los trabajadores.

domingo, febrero 14, 2010

Velaquí está o cocido que onte degustei na compaña dos meus catro larpeir@s favoritos!

sábado, febrero 13, 2010

Un apuntamento de protección do medio ambiente para a fin de semana:

(Clica na imaxe para vela máis grande)

jueves, febrero 11, 2010

Non sempre os medios de comunicación din a verdade nin amosan as situacións tal e como son. Hoxe en día calquera realidade pode falsearse con facilidade a través de internet... (en todo hai excepcións). Polo tanto fágome hoxe a pregunta de se é verdade o que comenta nun vídeo gravado de maneira espontánea en Cuba sobre reggaeton (de novo a dobre cara do real e do falso) este home que di que o que fai falta é "jama" (comida, vamos).

P.D: Hai un dito popular... Os borrachos sempre din a verdade. Que pensades?

martes, febrero 02, 2010

miércoles, enero 27, 2010

É un auténtico pracer poder presentarvos a última obra do meu amigo (e tamén creador audiovisual) Roberto Conde. Estiven encantado de colaborar con el e con todo o equipo de amigos que fixemos posible, gracias a el, esta comedia romántica indescriptible: Amor a catro patas (mal pensad@s absterse)