domingo, febrero 28, 2010

Ao final a cicloxénese explosiva non foi para tanto. Ou sí? Así baixaba este mediodía o río Anllóns en Carballo:


sábado, febrero 27, 2010

Seica hoxe pola tarde Galicia está en alerta meteorolóxica vermella por fortes ventos e choivas (chega o ciclón Xynthia). Que recomendan as autoridades na materia que fagamos (meteorólogos en definitiva)? Debaixo a resposta:

Vai tocar desempolvar o parchís e botar unha partida...

jueves, febrero 25, 2010

Despois de que Rosa Díez (non vou presentala, non o merece) empregara a palabra "gallego" coma un insulto onte...

...Un podería como galego sentirse ofendido. Pero Rosa, coma ti nin eres galega, nin eres lista, nin eres guapa, nin eres política, nin sabes o que é estar nun partido político semidecente e ademais vives do conto (do teu conto de fadas que non sei de onde sacaches); non che vou dicir nada. Pero recoméndoche que vexas esta tira de Pinto & Chinto:

Segue así Rosa!

miércoles, febrero 24, 2010

Cando un ten traballado nunha determinada localidade, chamémoslle (A); cuns determinados personaxes, poñamos (M); con feitos semellantes que lle ocorreron a outros traballadores anteriormente -os da limpeza- (E); e cun responsable que se preocupa máis por acumular cargos en organismos inútiles (S); que por resolver os problemas reais da poboación, non se sorprende de que todo sumado saia AMES...

(Fonte: La Voz de Galicia) Trabajadores de instalaciones deportivas se encierran en el despacho del alcalde de Ames.
23/2/2010. Un grupo de siete u ocho trabajadores de instalaciones deportivas se han encerrado sobre las once de la mañana en el despacho del alcalde de Ames, Carlos Fernández, en el marco de las protestas y la huelga que están desarrollando para pedir mejoras en su convenio laboral. Han entrado a la carrera en el despacho y han atrancado la puerta con muebles. Funcionarios municipales y agentes de la Policía Local y la Guardia Civil consiguieron finalmente, y tras un forcejeo, entrar en el despacho y desalojar a los trabajadores.

domingo, febrero 14, 2010

Velaquí está o cocido que onte degustei na compaña dos meus catro larpeir@s favoritos!

sábado, febrero 13, 2010

Un apuntamento de protección do medio ambiente para a fin de semana:

(Clica na imaxe para vela máis grande)

jueves, febrero 11, 2010

Non sempre os medios de comunicación din a verdade nin amosan as situacións tal e como son. Hoxe en día calquera realidade pode falsearse con facilidade a través de internet... (en todo hai excepcións). Polo tanto fágome hoxe a pregunta de se é verdade o que comenta nun vídeo gravado de maneira espontánea en Cuba sobre reggaeton (de novo a dobre cara do real e do falso) este home que di que o que fai falta é "jama" (comida, vamos).

P.D: Hai un dito popular... Os borrachos sempre din a verdade. Que pensades?

martes, febrero 02, 2010