Quen non recibe no seu mail moitas mensaxes con publicidade. É o denomeado spam. A min hai unha caste de mensaxes que me molestan especialmente. Aquelas que venden viagras e promocionan alongamentos de pene (sen coñerceme a min e o máis importante, sen que lles presentara a ela)... Precisamente Berto Romero na súa sección en Buenafuente fixo unha interesante e irónica reflexión esta mesma semana sobre o asunto coa cal me sinto totalmente identificado... Aquí vos queda:
viernes, enero 18, 2008
jueves, enero 17, 2008
A piques de comezar a campaña electoral o Partido Popular fixo xa a súa estrataxema para confundir (aínda máis do que o fixo durante toda a súa lexislatura na oposición) ao electorado. Prescindir de Alberto Ruiz Gallardón para as listas ao Congreso. Esta decisión de Rajoy xa está dando os seus frutos. Os apoios ao alcalde de Madrid multiplícanse ao mesmo tempo que as críticas á executiva acebes-zaplanesca do partido. De feito proliferan blogs de apoio pro-Gallardón na rede con máis de 80.000 votos a día de hoxe: Que ben lles saíu a xogada! Se o alcalde cumpre a súa promesa, dimitirá do seu cargo, cedéndollo, con probabilidade a Ana Botella. Pensa alguén que a Rajoy non lle afectou a ostia que se meteu no helicóptero? Hai peor maneira de perder os votos dunha cidade con máis de 4 millóns de habitantes?. A min só me queda darlles a noraboa!
En el fondo, te tienen miedo Alberto é o lema escollido nun dos blogs de apoio ao (aínda) alcalde de Madrid
En el fondo, te tienen miedo Alberto é o lema escollido nun dos blogs de apoio ao (aínda) alcalde de Madrid
miércoles, enero 16, 2008
Os galegos non somos especialmente coidadosos co noso entorno. Lémbrome agora da multa millonaria que a UE quixo poñernos hai uns meses por destrozar mediambientalmente a ría de Vigo, a especulación urbanística na costa ou mesmo moitos barrios das cidades galegas (véxase o mal chamado "ensanche" compostelano, quizais "estreche" o defina con maior claridade). Déixovos unha colección de instantáneas tomadas por internautas do país que reflicten as chapuzas "made in Galicia". Podedes ver máis ou remitir ás vosas na edición dixital de La Voz de Galicia. 

Inmigrante ilegal recén chegado ao aeroporto de Barajas? Welcome to Spain!, un estado no que a seguridade brilla pola súa ausencia. Estimado narcotraficante, querido albanokosovar roubachalés, prezada prostituta manipulada por mafias... recibímoste cos brazos abertos (e as portas). Máis info no vídeo que segue:
lunes, diciembre 24, 2007
domingo, diciembre 23, 2007
En decembro de 1969, John Lennon gastou máis dun millón de dólares nunha campaña coa seguinte frase: "A guerra rematou, bo Nadal". Era unha protesta pola guerra do Vietnam.
Dous anos despois, a finais de outubro de 1971, coa axuda do productor Phil Spector, Lennon grabou a canción coa mesma idea e a mesma frase. En realidade, recreábase nunha canción popular, antiquísima, do século XVIII, chamada 'Skewball', sobre un cabalo de carreiras. Pero esta versión de John converteuse na canción que máis se oe no mundo durante estas festas... O mundo segue xirando nestas datas de consumismo e gula. Hai guerras, o planeta está cada vez máis fodido, o pan vale moitos centimos máis que hai escasamente un mes... Esta é a miña particular felicitación. BO NADAL A TOD@S AOS MEUS AMIG@S!
martes, diciembre 18, 2007
lunes, noviembre 19, 2007
Encheron 10 noites seguidas o Prudential Center de Newark, sito en Nova Jersey, a súa casa... E agora a xira Lost Highway continúa en Canadá, deixando perlas coma ésta, en Ottawa, que demostra que cos anos melloran o seu directo, o seu estilo... Savoir faire dise en francés. Richie e Jon subidos nunha plataforma no medio do público interpretando I'll Be There For You. Para correrse. E non hai máis que dicir... O audio está nítido, pero xa sei que a imaxe é mellorable. Aínda así creo que merecía unha entrada no blog. Que chegue canto antes o 1 de xuño do ano que ven para admirar a unha das mellores bandas rockeiras dos últimos 25 anos. A cita, xa sabedes, no Olímpico de Montjuic en BCN. Aínda estades a tempo de mercar as entradas. Iso sí, as máis caras e próximas ao escenario xa están esgotadas.
domingo, noviembre 18, 2007
Fin de semana de colección de vídeos de YouTube.
Trala recente polémica entre Chávez e o Rei, aí vai outro vídeo que amosa o carácter do monarca. Nunha visita ao País Vasco non dubidou en facer o que ides ver a certos manifestantes que estaban na súa contra...
Un 'ex' deses que se recordarán toda a vida: Manuel Fraga. Perder os nervios e decir verdades "a pelo" foron dúas das súas máximas na política...
E ademais un galano: Esta curiosa curtametraxe na súa... ¿honra?
A mensaxe subliminal que esconden os Lunnis...
...E os goles que se marcan na Liga alemana. País, o xermano, no que, por certo, son expertos en salchichas
E até aquí. A rañala, raparig@s!

jueves, noviembre 15, 2007
lunes, noviembre 12, 2007
5 anos e 9 días despois volverei estar con eles...
Estimados Richie Sambora, Tico Torres, Jon Bon Jovi e David Bryan:
Con vós pasei a mellor da noite da miña vida (se exceptuamos as pasadas en compaña feminina, claro está). Agardo que o vindeiro 1 de xuño (que amarga espera) se repita a éxtase orgásmica do voso directo. See you!
Estimados Richie Sambora, Tico Torres, Jon Bon Jovi e David Bryan:Con vós pasei a mellor da noite da miña vida (se exceptuamos as pasadas en compaña feminina, claro está). Agardo que o vindeiro 1 de xuño (que amarga espera) se repita a éxtase orgásmica do voso directo. See you!
domingo, noviembre 11, 2007
viernes, noviembre 09, 2007
Pérez Varela, culture conselleiro. Este insigne personaxe non só tirou os cartos facendo o mausoleo de Fraga, máis coñecido co nome de Cidade da Cultura. Tamén, cando había Xacobeo -ese invento de non sei que cousa de entre X anos que o chirimbolo cae en domingo 25 de xullo e que o Corte Inglés aproveita para vender cunchas de vieira e gaitas pequenas, pero bueno, o tamaño non importa se nos cremos as mentiras-, traía aos grupos máis reseñables do panorama musical internasioná. Pa presumir!!!!. Normal. Na Galicia dos trens de alta velocidade, do emprego de calidade, das autovías e autopistas máis rápidas e seguras... o que sobraban eran cartos. E o por aquel entón conselleiro (non vou dicir noso porque eu nunca votaría tal cousa) traíanos a Daviz Bobi, aos Seminal Brodes e a Vrian Adans. Porque en Jalisia outra cousa non, pero cultura hóuboa por doquier e tal dende que os gandeiros non protestaban pola cota láctea (cando os grises que non permitían protesta aljunha). Non me extraña que se lle acabara facendo unha Cidade da. País. Disfruten (gocen en idioma xunteiro-telegaiteiro) do seguinte vídeo vostedes que coma galegos estudiaron (ou polo menos podían facelo) nunha das tres excelentes universidades que temos, cunha formación de profesorado e unha calidade material e práctico-teórica acolloante. Xente culta vamos.
miércoles, octubre 17, 2007
Hristo Stoichkov xa non é, dende hai máis dunha semana, adestrador do Celta. O certo é que o búlgaro foi un xogador de excepción, pero aterrou en Peinador sen ter demostrada a súa calidade como técnico. Iso demostrouno de novo co equipo da cidade olívica, que nunca acadou un bo nivel de xogo. Porén, eu gardo un moi grato recordo da entrevista que mantiven con el escasos días despois de que chegara a Vigo. Por ese motivo achego no seguinte enlace o número do xornal do Celta (21) no que o entrevisto (páxs 16 e 17). Aviso para non iniciados: A páxina á que vos leva o link é a dun servidor que permite baixar o arquivo gratis. Unha vez nela seleccionade descarga gratuita. Introducide a clave que sae en pantalla e premede descargar. Gardade o arquivo e unha vez rematado o proceso, abrídeo.Xornal do Celta, número 21, coa entrevista a Hristo
martes, octubre 16, 2007
Hoxe martes, dobre actualización do blog. Logo da excepcional versión de Heidi de Santiago Segura vai unha sobre min. Sobre o meu frikismo. Íntimamente relacionado, entre outras moitas cousas coa banda de rock Bon Jovi. O certo é que é un grupo denostado por moitos, especialmente porque moitos opinan que se venderon á comercialidade e que renegan do seu pasado rockeiro. Outros tantos pensan que son frívolos e chulos. Discrepo. E os vídeos que poño a continuación amosan o seu lado máis amable e humano. Todos son moi recentes. Pertencen ao Saturday Night Live da NBC norteamericana desta pasada fin de semana. É un programa no que a música é a protagonista, con bandas que teñen novo traballo. Unha banda fai de anfitriona de outra, convidada -normalmente a de maior veteranía é a anfitriona-. Logo de estar tres veces neste programa como convidados ao longo da súa historia, Bon Jovi son anfitrións doutro gran grupo: Foo Fighters. Os anfitrións fan de presentadores e cobran protagonismo en sketch cómicos.
Primeiro video -lamento que non teña subtítulos-. Unha adolescente, no ano 1986, escribe no seu diario, queixándose da súa miserable existencia. Entre outras cousas a súa nai non lle deixa ir ao concerto de Bon Jovi con Cinderella (outra long hair band da mesma época). De súpeto, o poster de Jon que ten no seu cuarto, cobra vida, ataviado coa estética propia de cando tocaba nos 80. Jon fala con ela. El coa súa idade era un apaixoado da música, soñou con ter un grupo de rock e conseguiuno... Ela ten os soños tópicos: quere alugar un apartamento a súa corta idade, converterse en actriz e ter moitos amoríos. 21 anos despois atoparanse de novo no programa no que transcorre a ficción. Sen desperdicio.
Segundo video -volvo lamentar que isto pareza a BBC-. Nesta ocasión é o comezo do programa. Normalmente o/s anfitrión/s encárganse de levar a parte cómica do show e darlle paso os temas que interpreta o grupo convidado. Ninguén no público cre a Jon cando di que non van tocar esa noite. Varios espectadores impídenlle que se produza o monólogo inicial. O último de todos é Richie Sambora, guitarrista do grupo, que olvida o guión e despois de que lle chive o Jon o que ten que dicir, deciden facer o mellor que saben facer, tocar no escenario co grupo. De novo sen desperdicio.
Agora este vídeo cómico no que aparecen Jon Bon Jovi, Dave Grohl (exbatería de Nirvana e líder de Foo Fighters) e Taylor Hawkins (batería deste último grupo). Rinme moitísimo. O título desta peza audiovisual e: "Xente que recibe unha ostia xusto antes de comer"....
A rañala, raparigos!

It´s good to be back!, que diría o outro. Moi boas de novo e desculpade a tardanza en actualizalo meu blog. Fágoo cun vídeo verdadeiramente curioso. Quen non se lembra da serie de animación xaponesa Heidi? Para aqueles aos que lles custe facer memoria achego este cómico vídeo: trátase dunha dobraxe de Santiago Segura dunha escena desta serie infantil... Preséntaa el mesmo e nuns segundos comeza. Xulgade vós mesmos:
Polo de agora nada máis (e nada menos)
Polo de agora nada máis (e nada menos)
domingo, septiembre 02, 2007
Reportaxe feita! Irmáns Roi e Noa García, Iago Lozano, Daniel Novoa, Borja López, Lucía Cortiñas, Gonzalo Mateo e irmáns Fernando e Roberto Conde... GRACIAS! Acabo de enviarlle ao meu porfesor a miña reportaxe para aprobala única materia que me queda, e ser, definitivamente, licenciado -editado o día de 7 de setembro: saquei un 7, xa estou licenciado!!!-. A ver que vos parece a vós, o certo é que non estaba moi inspirado. As fotos de tódolos que participastes e o enlace para descargala maquetada, de seguido...
Daniel Novoa:
Roi García:
Noa García:
Gonzalo Mateo:
Lucía Cortiñas e o seu inseparable e fiel amigo, Tim:
Borja López:
Roberto e Fernando Conde (o primeiro loitando por conseguir as chaves):
Iago Lozano (de branco, con Jose e Dani)
Podes baixala reportaxe, maquetada, en formato .pdf, no enlace que engado:
Sete coches, moitas historias
Hai que ver que guap@s saídes! De novo obrigado meus!
Daniel Novoa:
Sete coches, moitas historias
Hai que ver que guap@s saídes! De novo obrigado meus!
O spot deste verán que vai rematando foi o do Renault Mègane GT. E mesmo a súa canción sen coherencia aparente foi todo un éxito. No programa Vaya Semanita (repaso da actualidade na ETB vasca en clave de humor) fixeron un sketch formidable deste anuncio da firma de coches francesa. Aquí volo deixo!
Resulta difícil que a estas alturas non viras aínda o orixinal. Por se acaso... Aí vai!
Ooooooooooooooo. E ata aquí podo postear. De momento.
Resulta difícil que a estas alturas non viras aínda o orixinal. Por se acaso... Aí vai!
Ooooooooooooooo. E ata aquí podo postear. De momento.
sábado, septiembre 01, 2007
Continuamos con novidades musicais. Só no meu blog podes ter acceso a Radio Nowhere, un adianto do novo disco do Boss, Bruce Springsteen. Podes decargalo nos seguintes enderezos que engado, vía megaupload ou rapidshare, como mellor che vaia. A disfrutar este temazo. Rock en estado puro!Vía megaupload
Vía Rapidshare
Hai que ver que ben trato ás visitas. Non si? A rañala raparig@s!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)