viernes, enero 09, 2009

Onte ás nove da mañá faciánse públicos os datos referidos ao paro no mes de decembro. Por primeira vez na historia supéranse os 3 millóns de parados no estado (concretamente 3.198.079 homes e mulleres en idade de traballar non poden facelo). Non sei se iso de "año de nieves, año de bienes" -moito neva en Galicia hoxe- se vai cumplir. Dubídoo moito e precísanse solucións ao respecto.
Na comarca onde curro, a Costa da Morte, o paro está incidindo sobre todo no sector da construción, onde sube ata un 50%. 1.592 persoas están paradas en Bergantiños, Soneira e Fisterra. A crise chegou con creces. Que ninguén diga que os medios de comunicación somos alarmistas con respecto a isto.
A pesares de todo vou rematar con ironía referíndome ao sector da construción. Se fora por Manué, moitas empresas de demolición irían a quiebra. Ver para crer.

E di aínda por riba que está inspirado... ANIMALIÑO...

miércoles, noviembre 19, 2008

Quen dixo que só en Madrid e polo estado adiante se fan obras sen sentido? Na comarca de Bergantiños tamén se sabe delas. De cartos tirados en obras abandonadas e sen utilidade (polo menos de momento). A veciñanza de Carballo amosa o seu parecer con vídeos de crítica constructivo-destructiva. Pasen e vexan:

jueves, noviembre 13, 2008

Aínda que xa chego algo tarde como para tratar o asunto, posto que para os que vivimos pendentes da actualidade o Plan Galego de Acuicultura, aprobado polo Consello da Xunta o pasado mes de agosto, xa pasou, voume permitir o desafogo de expresar brevemente ou mellor dito, gráficamente, o que opino do mesmo. Voume servir do exemplo da piscifactoría que a empresa Stolt Sea Farm ten en Cabo Vilán, en Camariñas. Conta con máis plantas deste tipo en Merexo (Muxía) e en Quilmas (Carnota), sendo por iso e polos seus despidos inxustificados de empregados/as moi querida na Costa da Morte...
Érase unha vez un fermoso lugar, na sempre inquitante Costa da Morte:

Reduzo zoom e cambio teleobxectivo por gran angular para que o vexades mellor:

Un bo día, alguén (políticos e empresariado) tivo a gran idea de instaurar alí unha piscifactoría. Daría emprego a moita xente e xeraría moita riqueza -escoitábase nas televisións e nas radios dos veciños do lugar-. Os impulsores (da idea?, da ocurrencia?, do nabo?, do grelo?...) non se pararon a pensar que quizais axudando á pesca doutro xeito, fomentando as artes de baixura, renovando os fondos mariños para non esquilamalos, etc. habería outras solucións para volver facer do sector pesqueiro, algo rendible economicamente. E isto foi o que fixeron rotando 180º sobre o voso eixo con respecto á imaxe anterior:

Por se acaso non se aprecia claramente o ben que queda a piscifactoría neste emprazamento doulle ao zoom a cañón:

Definitivamente esta picifactoría está "buenorra". Unha delicia vela en calquera pafeto marcando cemento e plastiquete. Que ben lle acae calquera cousa... Ay omá! que rica!!
ESTA ABERRACIÓN CHÁMASE PISCIFACTORÍA. E O PLAN GALEGO DE ACUICULTURA QUERE FACER MÁIS XUSTIFICANDO A CONSTRUCIÓN EN XERACIÓN DE EMPREGO (?) E DE RIQUEZA (?). TOCOULLE ELABORALO AO BIPARTITO, PERO O MESMO FIXO NO SEU MOMENTO O PP (AÍNDA SE QUEIXAN DA MARCHA DA MAIOR E MELLOR PLANTA PISCÍCOLA DE CABO TOURIÑÁN (PROXECTADA EN MUXÍA) A PORTUGAL. GRACIAS, TOURIÑO. GRAZAS, QUINTANA. AH!...

Que razón teñen en Camelle... Se Man erguera a cabeza...

jueves, octubre 16, 2008

Canto boto de menos os meus tempos de universitario...

Con este "striptís" comezou o curso na Escola de Arquitectura Técnica de A Coruña. Supoño que a clase iniciática iría de monumentos. E seguro que nesta primeira clase a afluencia do alumnado foi masiva. Vai ser difícil agora manter as cotas de asistencia. Unha clase práctica como en calquera outra facultade de arquitectura na que os alumnos aprenden a dureza da viga, piar básico á hora de construír. En fin, unha mostra arquiTETÓNICA moi aconsellada no comezo do curso.

Agora en serio. Isto é unha p*t* vergonza que dá mostra do tipo de ensinanza universitaria que se está impartindo en Galicia e polo estado adiante. As tres universidades galegas son máquinas de emprego para moitos e moitas inútiles. Tres universidades coas súas aulas baleiras e os despachos cheos de profesores e demais funcionariado cómodamente apoltronado. Tres universidades con non sei cantos campus para que a todos nos quede preto da casa unha facultade? Se a cambio este é o tipo de ensinanza que se imparte imos de cú. Tres universidades, as galegas, con másters, programas de doutoramento e de investigación cuxos títulos non poderían ser empregados nin coma papel hixiénico -no seu 99.9%-. Nin iso, o papel hixiénico non merece semellante comparación.

A pesares de todo, sigo botando de menos a universidade. Como rañei o bandullo no meu Santiago natal estudando 2 meses de cada 9 e con 3 meses de vacacións por curso. É certo que hai carreiras máis compricadas ca outras e certo profesorado válido. Pero o modelo universitario actual dá noxo. As matrículas son cada vez máis caras e prímase menos ao estudante que realmente o é. En favor dunha mediocridade xeral cada vez máis pronunciada. Supoño que en tempos de crise económica hai que replantexarse tamén o sistema universitario. Especialmente o galego.
Versión 2.0: Os deportes...

viernes, octubre 03, 2008

Aquí me tedes comandando unha das tertulias semanais -de luns a venres- de Voces de Bergantiños en RadioVoz. Programa que se emite entre as 8 e as 11 da mañá...

Lamento a mala calidade de imaxe, saqueina da web da Voz de Carballo. Aquí vos deixo un enlace por se queredes ler a nota publicada ao respecto
Saú2!

lunes, septiembre 22, 2008

Dende hai un tempo fago en Radiovoz o Magazine Voces de Bergantiños. Entre as 8 e as 11 da mañá. Podedes escoitalo por internet, seleccionando "escucha Radiovoz". Compleméntoo cos deportes porque dende hai tempo o compañeiro que o facía marchou e de momento os mandamases aínda non decidiron se me quedo eu no Magazine, tómándolle o pulso á actualidade da comarca de Bergantiños, Soneira e Fisterra ou fago só os deportes e o informativo. É dicir, fago todo. Sen comentarios.
Déixovos no seguinte enderezo unha entrevista que mantiven no programa co Vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, falando da rede de galescolas e do plan acuícola. Accederedes a unha web onde está aloxado o arquivo en mp3. Premede descarga gratuita e seguide os pasos. É fácil a pesares de estar en inglés. Un saúdo.

ENTREVISTA A ANXO QUINTANA

miércoles, septiembre 03, 2008

O meu primeiro coche: Citroën Xsara 2.0 HDI Image, color burdeos:

A pesares de ser xa un coche veterano ten un moi bo motor, con 2.000 cc e 90 cabalos que o certo é que parecen moitos máis. De feito a tecnoloxía "HDI" de motores diesel con turbo e intercooler que empregan moitos modelos actuais de PSA Peugeot Citroën, naceu con este motor, moi fiable. Ten unha media de consumo de gasoil de 5,7 litros/100km (que polos kilómetros que lle levo metido parece ser certa). No que se refire a equipamento, é bastante completo, tendo en conta que o merquei de segunda man: 4 airbags (2 frontais e 2 laterais), frenos de disco ás catro rodas, elevalunas e espellos eléctricos, e peche centralizado con mando. E o máis importante; lévame e tráeme que é o que quería.

Este post non vos recorda a este outro?
Saú2

jueves, agosto 28, 2008


En Galicia segue gobernando o bipartito. Non?
IMAXE TOMADA NO CONCELLO DE AMES. NESTE MUNICIPIO O PSOE GOBERNA EN MINORÍA COA OPOSICIÓN DE PP E BNG

lunes, agosto 25, 2008

CARBALLO'S SKYLINE

Estas son as vistas dende o apartamento no que vivo en Carballo en dirección norte. Saú2!

martes, agosto 19, 2008

Vacaciones de delicia en Carballo. Non hai praia, non hai sol, non hai neverita azul con tortilla e cerveza baixo unha sombrilla nun areal ateigado de toallas con miles de cús sudorosos... Ou sexa, delicia máxima

lunes, agosto 18, 2008

Sé lo que hiciste... (después de ducharte)

sábado, agosto 16, 2008

Non sabedes o difícil que está atopar un coche de ocasión decente a bo prezo. A verdade é que estou tan desesperado que me conformaría con este descapotable... E de paso reivindicaría o traballo no campo, que se está a perder!

jueves, agosto 14, 2008

Sergio, xogador da selección catalá, ex xogador do Espanyol de Barcelona e actualmente nas filas do Deportivo de A Coruña considera dialectos o catalán e o galego. Non sei que máis se pode agardar dun inútil que vive de darlle patadas a un balón de fútbol (aínda que algún futbolista se salvará de ser tan inculto como este personaxe). As declaracións fíxoas no xornal Depor Sport.

Algún medio catalán xa se fixo eco da noticia.
Tamén vieiros, onde podes deixar o teu comentario.
Ben, Sergio, ben. Oxalá teñas unha boa temporada futbolística 2008-2009. Recoméndoche, entre partido e partido, a compaña dalgún libro. E se pode ser no "dialecto" galego ou catalán, mellor.

miércoles, julio 30, 2008

As rebaixas de verán van rematando. Xa se pon á venda calquera cousa...

jueves, julio 24, 2008

Que mellor maneira de celebrar o Día da Patria Galega!: Sentado ao carón de Alfredo Brañas. Fundador do rexionalismo. Todo un defensor do país. E, polo tanto, un referente para o galeguismo.

lunes, julio 21, 2008

Plácido Domingo, muy jodido lunes (y 2)

La 1, aquí

jueves, julio 17, 2008

Como comín!

... E despois da dixestión a prantar un bo...

jueves, julio 10, 2008

"Ala!", que foto! Excursión a Corcubión (caseta preto do campo de fútbol e do faro C) con moita mensaxe. Saque o carné de conducir e non se drogue (se non pode cometer faltas de -h-ortografía)!!!!!!

martes, julio 08, 2008

El "plimo" de Carla...