viernes, agosto 07, 2009

lunes, agosto 03, 2009

SANTIAGO DE COMPOSTELA. MONTE DO GOZO. 2 AG 09. CONCERTO: BRUCE SPRINGSTEEN AND THE E STREET BAND
19:30 horas. Van case dúas horas na cola.

20:50 horas. Acceso ao recinto. O escenario non defrauda.

21:55 horas. 40.000 persoas enchen o Monte do Gozo. Non conto aos VIPS (non o merecen).

21:59 horas. En boa compaña.

22:09 horas. "A virxe de guadalupe cando vai pola ribeiraaaaaaaaaa..." Soa a Rianxeira e o Boss aparece. Festa rachada...





1.08 horas. 3 horas de inesquecible actuación. "No más por favor, no más por favor": dille Springsteen aos seus incondicionais. Aínda botaría o resto con Born in the USA.
1.15 horas. Ata sempre Bruce!
*P.D.: A cámara dun Nokia non fai milagres! Pero saca dun apuro!

sábado, agosto 01, 2009

O pasado 26 de xullo foi a IX edición do Mercado Medieval de Corcubión. Unha nova excusa para achegarse á fermosa vila corcubionesa:



E unha semana despois... Vacacións ata o 2 de setembro. DELICIA MÁXIMA!

miércoles, julio 29, 2009

Aquí podedes descargar a entrevista a Xil Ríos en Voces de Bergantiños, en Radio Voz. Premedes o enlace que pon "Descargar ahora" e agardades a que a conta atrás remate. Unha vez descargado o arquivo .mp3 podedes escoitala no reproductor. Tamén podedes escoitala on-line, premendo a tecla play no enlace que vos sae.
XIL RÍOS EN RADIO VOZ BERGANTIÑOS.mp3
Xiraei!

jueves, julio 09, 2009

Na Copa da Costa... O Soneira de Vimianzo gañoulle a partida ao Ponteceso. Día de curro co micrófono radiovocesco... Hai que cumplir cos compromisos laborais, a pesares de que ao fútbol se xogue os domingos!

martes, junio 30, 2009

Mentiría se dixera que son un gran fanático do fútbol. Gozo cun bo partido e teño as miñas preferencias futbolísticas... pero cada vez son máis consciente de que o fútbol das "estrellas", das primeiras divisións, dos contratos millonarios, das televisións endebedadas... non vai a ningures. Xa non é deporte, é negocio. O que é deporte é o fútbol en categorías de base, en clubs de localidades que ofrecen aos seus veciños un espectáculo bonito a prezos "populares". O fútbol da Costa da Morte é un bo exemplo de deporte, pero tamén de espectáculo. O pasado domingo disputouse o partido de ida da final de Copa da Costa no campo do Pinguel en Ponteceso, entre o conxunto da vila de Pondal e o Soneira. O vindeiro domingo, a volta no municipal de Vimianzo. Toca pringar no curro e retransmitir os encontros, pero mentiría (de novo) se dixera quen non me gusta compartir o encontro cos veciños da Costa da Morte que gozan coa festa do fútbol da Costa. E mentiría (debe ser que son moi mentiroso definitivamente) se non dixera que compartir locución, entre outros, co ex árbitro galego máis internacional, Raúl García de Loza, é un verdadeiro luxo. O domingo máis e mellor en Radiovoz. Co meu colega José Manuel Ferreiro, da Voz de Galicia, saberemos quen levanta a Copa, a pesares de ser domingo de resaca. A partires das 18.30 horas no 99.8 do dial e en internet (www.radiovoz.com, lavozdeltrabajo.blogspot.com e en www.lavozdegalicia.es/carballo)

O domingo, no Pinguel, de esquerda a dereita, con José Manuel Mato (presidente do Ponteceso) e co alcalde da localidade (José Luis Fondo)

martes, junio 16, 2009

Mostra dunha mostra... Neste caso a Semana Verde de Galicia '09, no recinto feiral de Silleda:





jueves, junio 11, 2009

Os traballadores do Concello de Corcubión sonche así. Véxase, por exemplo, o que escribiron nesta apetecible porta, minxitoriamente falando...


Ao final, mexei na casa.

viernes, mayo 08, 2009

Botan a Torreiglesias de TVE. Co ben que vivía... El e outros moitos que viven da chupancia dos medios de comunicación PÚBLICOS. PRIVATIZACIÓN XA!!!! (ou polo menos que non paguen cos meus impostos semellante vergonza mediática: cada cú que bote a súa merda!). Velaí vai a miña homenaxe a este gran comunicador...

miércoles, abril 29, 2009

O martes 28 de abril volvín a Cee. O meu Leite Río radiofónico. Vamos que volvín a orixe -acordádesvos non?-! (E de que maneira... técnico en exteriores+guionista+locutor... P*t* crise, bendita explotación)

domingo, abril 12, 2009

Google Maps 2.0. A primeira versión aquí. Na imaxe de abaixo podedes ver a miña actual residencia... Se lle dades moito ao zoom ao mellor non me atopades en casa: ESTAREI CURRANDO MECAJINÁ!!!!

sábado, abril 11, 2009

NOVA SECCIÓN...
Na columna dereita do blog podedes acceder aos contidos de Ecovoz, o programa medioambiental de Radio Voz. Na páxina web da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) podedes escoitar os programas radiofónicos de concurso escolar realizados ata o de agora e ler as miñas publicacións en La Voz De Galicia descargando os archivos (frecha verde para descarga de audios en mp3 e logo de Adobe Acrobat para o .pdf)

O QUE UN ATOPA NOS GIGAS DUN DISCO DURO É SORPRENDENTE. Esta foto fíxome gracia!... Mes de xuño do ano pasado. A andaina radiofónica na Costa da Morte dun servidor, recentemente comezada naquel entón, suma un novo capítulo. Final de Copa da Costa entre Ponteceso e Cee no campo d'O Pinguel. Aquí me tedes (esquerda) cos alcaldes de Cee (Ramón Vigo, centro) e Ponteceso (José Luis Fondo, dereita) en plena retransmisión para a comarca de Bergantiños, Soneira e Fisterra! Xa pasou tempo dende aquela. Agora que estou de volta na casiña de vacacións creo que as cousas cambiaron moito en pouco tempo...

domingo, marzo 29, 2009

Remata o finde...

Que cagada!
P.D: Fun a Portugal e molou. Non foi ningunha merda. Nin moito menos!!!! A pesares da foto. For example en Valença do Minho (xusto despois da fronteira, atravesando a ponte e lindando con Tui), fermosas vistas...

"A vida é o que ocorre entre fin de semana e fin de semana": Non sei se esta cita ten dono. Pero senón, quédoma!
Saú2

jueves, febrero 26, 2009

NOVE MESES...
-CASTROS DA CIDÁ DO BORNEIRO (CABANA DE BERGANTIÑOS)


-BUÑO (MALPICA)

-FORNO DO FORTE, MUSEO SOBRE A OLERÍA DE BUÑO (MALPICA)

-CABO VILÁN (CAMARIÑAS)

-PARQUE EÓLICO DO CABO VILÁN (CAMARIÑAS)

-PASEO MARÍTIMO DE CAMARIÑAS

-MUSEO DE MAN EN CAMELLE (CAMARIÑAS)

-LIÑA DE COSTA EN CAMELLE (CAMARIÑAS)

-FARO C (CORCUBIÓN)

-CASTELO DO CARDEAL (CORCUBIÓN)

-CASTELO DE VIMIANZO

-PROBABLEMENTE O EDIFICIO MÁIS ESTREITO DE TODA A COMARCA DE BERGANTIÑOS, SONEIRA E FISTERRA. CORME (PONTECESO)

-PEDRA DA SERPE. CORME (PONTECESO)

-*APUNTE: O XALLAS É O ÚNICO RÍO DE TODA EUROPA QUE REMATA EN CASCADA. E FORMA A FERMOSA ENSENADA DE O ÉZARO (DUMBRÍA)

-O ÉZARO (DUMBRÍA) -SEICA ERA UN MAPA DA COSTA DA MORTE-

-NON SEI O QUÉ (A CARÓN DA IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DAS AREAS). FISTERRA

-MUXÍA

-PORTOZÁS NA FICCIÓN, LAXE NA REALIDADE

-VERDES (CORISTANCO)

-XA SON VECIÑO DE CARBALLO A ESTAS ALTURAS DA PELÍCULA (CENSADO E TODO). O SEU URBANISMO E A SÚA HORTOJRAFÍA NAMORÁRONME!

...NA COSTA DA MORTE

jueves, enero 29, 2009

De campaña...

Xa que estamos en plena campaña electoral, vou aproveitar para facer a miña. A pesares de que os programas que xa fago en RadioVoz Bergantiños poden seguirse a través da rede. Falo de Voces de Bergantiños (de 8 a 11 horas e de La Voz del Deporte de 14.20 a 15 horas), pode dar pereza escoitalos a través do ordenador (ou non) xa que son comarcais. Recordade que tedes as webs da Voz de Galicia en Carballo -premendo "Escoita RadioVoz en directo"- e de RadioVoz -escollendo RadioVoz en Carballo- para poder facelo.

O caso é que este venres presento (e estreamos) o programa EcoVoz a nivel Galicia, co cal con poñer Radiovoz no voso transistor en calquera emisora podedes escoitar este programa. O seu horario os venres é de 16:05 a 16:35, e trátase dun programa sobre ecoloxía e medio ambiente con entrevistas e consellos medioambientais (repítese os sábados de 9 a 9:30 horas). Os sábados a partires da semana que ven comeza o Ecopreguntoiro, un programa-concurso no cal participan nenos e nenas de sexto de primaria de 16 colexios das catro provincias galegas. Emitirase de 12:30 a 13 horas. Vai sobre coñecemento do medio.

Recórdovos as distintas sintonías de RadioVoz:
-Bergantiños: 99.8 FM
-Costa da Morte: 106.9 FM
-Santiago: 106.1 FM
-Ourense: 101.4 FM
-Vigo (e agardo que chegue ao Morrazo): 103.8 FM
-Lugo: 105.6 FM
-A Coruña: 92.6 FM

O resto de emisoras podedes consultalas na web de RadioVoz, que por certo vai ser modernizada próximamente. Xa darei noticia deste feito. Aproveito a rede para agradecer ao equipo de RadioVoz Bergantiños o traballo que realizamos: Juanjo Vales, técnico e Jorge Varela, compañeiro de fatigas informativas. E tamén de paso agradecer a Casal, fotógrafo da Voz en Carballo as fotos que me sacou para a antes mecionada páxina web. Para mostra a que inclúo para rematar este post:

Deica! (e perdoade que non actualice con frecuencia pero afortunadamente traballo non me falta -que ganas teño de coller vacacións!-)

viernes, enero 09, 2009

Onte ás nove da mañá faciánse públicos os datos referidos ao paro no mes de decembro. Por primeira vez na historia supéranse os 3 millóns de parados no estado (concretamente 3.198.079 homes e mulleres en idade de traballar non poden facelo). Non sei se iso de "año de nieves, año de bienes" -moito neva en Galicia hoxe- se vai cumplir. Dubídoo moito e precísanse solucións ao respecto.
Na comarca onde curro, a Costa da Morte, o paro está incidindo sobre todo no sector da construción, onde sube ata un 50%. 1.592 persoas están paradas en Bergantiños, Soneira e Fisterra. A crise chegou con creces. Que ninguén diga que os medios de comunicación somos alarmistas con respecto a isto.
A pesares de todo vou rematar con ironía referíndome ao sector da construción. Se fora por Manué, moitas empresas de demolición irían a quiebra. Ver para crer.

E di aínda por riba que está inspirado... ANIMALIÑO...