viernes, junio 27, 2008

En La Voz de Galicia deixan escribir a calquera!
A especulación urbanística tamén se combate en Galicia. Concretamente onde vivo agora, en Carballo.

martes, junio 24, 2008

Unión Fenosa, somos a luz que te ilumina!

(Estación eléctrica abandonada en Carballo, provincia d'A Coruña, Galisia, Spain)

(Véxase a merda que rodea ao suxeito. Pode considerarse complemento circunstancial de noxo)

lunes, junio 23, 2008

Ana García, reporteira gráfica de La Voz de Galicia, fai fotos excelentes, como podedes ver de seguido. Aí estou eu, a pé de campo, no estadio Novo Raíces de Cee, retransmitindo o partido de ida da final de Copa da Costa onte domingo. Por certo, para os amantes do fútbol da comarca de Bergantiños e Costa da Morte: Todo se resolverá no partido de volta o vindeiro domingo 29 de xuño, no campo O Pinguel de Ponteceso, despois do empate a un tanto do primeiro encontro (Cee 1-Ponteceso 1). A partires das 17.30 horas podedes escoitalo en Radiovoz.


viernes, junio 13, 2008

Ao mellor coñecedes a quen fixo esta entrevista... Aquí vola deixo. Unha aperta!

martes, junio 10, 2008

Urbanización "condominio privado"

viernes, junio 06, 2008


Tentando á sorte...

jueves, junio 05, 2008

ATOPEI TRABALLO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!. E por seis meses... Non está mal, non si? O certo é que estou encantado. Despois da miña última etapa cun contrato de substitución en Radio Nordés-Cadena Ser, recibín a chamada dun compañeiro de La Voz de Galicia informándome de que buscaban xente para Radio Voz en Carballo. Despois das entrevistas oportunas... Conseguino!. Nesta etapa laboral que comezo, fago entre outras cousas un programa de deportes comarcal. Podedes escoitalo on-line no blog de La Voz del Deporte de Radio Voz Carballo: radiovozdeportes.blogspot.com. Podedes escoitalo entre as 14.15 e as 15 horas, de luns a venres. Nada máis por agora. Saúde!

miércoles, mayo 14, 2008

O pasado domingo pola noite, a 1 de TVE estreou o capítulo píloto do novo "Coche Fantástico", tradución de Knight Rider... Que manía de traducir os títulos daquela maneira hai neste país, perdón en España... A tradución literal sería cabaleiro andante... pero claro como vai en coche e aquí somos parvos... Ao que imos. Eu fun fan acérrimo da oitenteira serie. A miña paixón polos coches, naceu, primeiro, como un gran amor por KITT. David Hasselhoff, o Michael Knight embutido en vaqueiros cinguidos e a súa melena lacada sempre me pareceu que sobraba. E o remake, por certo, ten bastante que mellorar, porque non actualiza absolutamente nada a serie orixinal (nin o coche: adxunto fotos dos dous modelos). Mesmo o KITT dos 80 era máis "fantástico" que o novo... O que non está igual de "fantástico" nos últimos tempos é David Hasselhoff. Deulle por beber bastante e a súa filla (non sei se fixo ben) grabouno non estado lamentable tentando comer unha hamburguesa que se lle resiste moito polo estado etílico. Aviso para os seguidores de Hasselhoff que aínda non o viran: É real. É lamentable... Non sei como non se lle ocorreu chamar polo coche: KITT necesítote, esta hamburguesa dáme problemas (durante máis de 6 minutos!). Co vídeo quedades:

Que pena Michael!

FOTODENUNCIA:
Os pequenos detalles son os que fan grande unha cidade. E Santiago, principal destino turístico de Galicia, non debería permitirse esas licenzas de feísmo urbanístico ao estilo dunha ex-república soviética (con todos os meus respetos). E é que as fotos que traio hoxe aquí son só uns exemplos dunha práctica moi estendida: os cables invadindo todo! As tres primeiras imaxes corresponden ao Parque de Ramírez, a carón da Praza Roxa. A verdade é que eses cables saíndo da estación de Fallosa non dan a impresión de moita seguridade. E hai moitos nenos que xogan alí... A última corresponde a unha das entradas do Parque de Bonaval. Neste caso non hai xogos para nenos, pero é un dos máis fermosos e admirados polos visitantes... O dito, non creo que coste moito eliminalos e gañar en seguridade e beleza arquitectónica...
Carallo!. Saio en Google Earth!!!! E a min quen me paga os dereitos???? Xd!

sábado, mayo 10, 2008

Estou de volta... Aínda que o faga nunha paelleira xigante...
Sen PRISA, pero sen pausa. Diso se trata cando un está a buscar chollo. Ese foi un dos motivos polos que tanto me ausentei do meu bló. Digo o de PRISA porque o último mes estiven traballando na Cadena Ser, en Radio Nordés, na Costa da Morte. E claro, no apartamento no que residín nin internet, nin ordenador, nin nada.Así era difícil actualizar contidos... Veño contento de Cee, a vila mariñeira onde estiven a maior parte do tempo. Era o meu primeiro mes de contrato en serio. Nin prácticas, nin ostias. Un mileurista máis (case case). Pero todo o bo se acaba e xa estou de novo no paro ao tratarse dunha sustitución. Pero tráiovos, unha mostra dalgunhas das cousas que facía a diario na rutina do mundo da información daquela zona. A ver se escoitándome perdoades a miña prolongada ausencia... Aínda que non creo que esta páxina teña moitas visitas... Sabes que agradezo a túa!
Para baixar os audios preme free/download nas páxinas de enlace. Se che piden o código que sae en pantalla introdúceo. Ao mellor tes que esperar un pouco ata que saia o link de descarga. Non pidas, máis, é gratis! (non é tan difícil, de verdade!). Reproduce o arquivo no teu reproductor mpPies... Sí. Esa voz horrible é a miña!!!!!

MATINAL

ENTREVISTA A UNHA PROFESORA MOI ESPECIAL... OS SEUS ALUMN@S CANTAN O CHIKI-CHIKI AO ESTILO MUXIÁN (ESCOITAR PARA CRER)

ENTREVISTA A ANTÓN SOBRAL, ARTISTA E COORDINADOR DO "ENCONTRO E NATUREZA MAN DE CAMELLE"

NOTICIA SOBRE ENERXÍA EÓLICA EN MUXÍA


Por certo, volvo estar no mercado. E non o digo por estar solteiro, senón porque busco traballo. Se atopas ofertas interesantes por aí. Faimas saber! Gracitas Morales!

viernes, marzo 28, 2008

Xa facía tempo que non me pasaba polo meu blog. Pero todo ten unha explicación. Un dos motivos que me mantivo ocupado é a preparación da curtametraxe "Amor a catro patas", do cineasta e amigo Roberto Conde. Precisamente podedes velo baixo estas liñas facendo un white balance (un balance guay vamos).
Participo nesta comedia que comezou onte a súa rodaxe como director de fotografía e ademais, o guionista (Roberto, de novo) tivo a (xenial?) idea de incluirme nun "cameo" no que fago de presentador de TV.
Moita merda a tod@s @s que participamos nesta curtametraxe!. Estade atentos ao blog porque seredes os primeiros en ver o que se vai facendo! Unha aperta. Boa fin de semana!

miércoles, marzo 12, 2008

Ramón Calderón, un inútil metido a presidente do Real Madrid. Un actor italiano faise por pasar por Nicolas Cage e cólase no estadio Santiago Bernabéu. Regálanlle dúas camisetas e fano socio do clube. Ninguén ten un mínimo de cultura xeral? Esqueceron as gafas/lentillas? Bravo ÑORRDOSSS!

lunes, marzo 10, 2008

Así votamos os galegos nos últimos anos:
Afortunadamente o escrutinio no resto do estado provocou que a nena de Rajoy non se chamase Victoria...
Temos sentido do humor. Ao final o 'ChikiChiki' vai a Eurovisión, logo de ser elexido o pasado sábado. Gustoume moito o artículo ao respecto que publica hoxe Pablo Carbonell en El País. Aquí volo deixo:
Que España es un país que adora la sátira, lleva la parodia en sus genes y el esperpento en la piel es algo que aunque queramos disimular nos asoma por el chiringuito más insospechado. Que las compañías discográficas atraviesan un momento comatoso, con un pie en el archivo y el otro en una eterna cuesta de enero, es difícil de escamotear por los gimientes responsables de la industria musical. La sociedad espera el advenimiento del artista nacido en la calle de voz personal, y con su fallo favorable a enviar a Belgrado a Rodolfo Chikilicuatre expresó con claridad, ¡oh, paradoja!, que está aburrida de productos donde el alarde de profesionalidad oculta la ausencia de mensaje.
La predilección de la audiencia por Rodolfo Chikilicuatre, estereotipo satírico de cualquier cantante mediocre, es un grito populachero y liberador que esperamos sea escuchado por los responsables de pespuntear el hilo musical en el tejido de nuestra sociedad. TVE, por vez primera y en un alarde democrático, abrió a los aspirantes a estrella mediática la participación en el concurso a través de la plataforma MySpace. Allí los internautas pudieron elegir a sus favoritos. Además recogió vía telefónica durante la premonitoria gala Salvemos Eurovisión el fallo de la audiencia. Raffaella Carrà fue la encargada de desvelar cerca de las dos de la madrugada el veredicto. El pueblo soberano había decidido inapelablemente (¿porque se la pela?) que desea ser representado en Eurovisión por un personaje de ficción con tupé y acento argentino postizo. Olé. Prácticamente nos representa un dibujo animado. En el plató se montó un conato de motín. José Luis Uribarri, que se toma Eurovisión muy en serio, decía que no con el dedo. Rosa, previendo agresiones o que la gente lanzara objetos al escenario, intentó calmar los ánimos asegurando que Rodolfo Chikilicuatre es un tipo muy simpático y muy buena gente. Al final, todos los artistas acompañaron al cómico sobre el escenario en esa coreografía candidata a convertirse por méritos propios en la tontería oficial de las verbenas populares.
Rodolfo Chikilicuatre, creación del gran actor David Fernández, defenderá a España en lo que, irremediablemente, intuimos será la gran fiesta de nuestra identidad más profunda; la expresión de nuestra raíz chirigotera, de nuestra sempiterna necesidad de tomarnos todo a chota. Rodolfo nos ahorrará además el lamentable espectáculo de ver cómo la industria arroja al ostracismo al artista al que acaba de subir a su peana. ¡Por el mismo precio! ¡Viva la chufla!
Sobre las espaldas de un personaje de ficción puede sostenerse el fracaso, el estrellato, el peso de la envidia e incluso el éxito en un festival tan gafe como el de Eurovisión. Felicidades, pues, a Rodolfo y a su grupo de baile por este importante logro en su inexistente carrera, y felicidades también a La Casa Azul por ahorrarse mostrar su talento en la macrofiesta de la canción hortera que se perpetrará, si no lo remedia el cielo, el próximo 24 de mayo en Belgrado. Felicidades, España.
PABLO CARBONELL 10/03/2008 en El País
Plácido Domingo, Jodido Lunes:

lunes, marzo 03, 2008

O portal de humor gráfico La Kodorniz presenta dúas bandas para animar o final da campaña electoral (por fin!). Trátase de Los Peperos Escozíos e Bono Jovi. Eu engadinvos as fotos orixinais dos grupos nos que se inspiran.
Eu sen dúbida quédome co meu querido Richie Sambora (centro da foto) convertido en ZP! Canto dano fixo a estética dos 80! Saú2

jueves, febrero 28, 2008

O prometido é debeda. Tal e como anunciara a semana pasada, aquí tedes Eu Vs Yo, a longametraxe documental sobre a situación da lingua galega realizada en abril de 2004 por Roberto Conde e Iago García. Nela expóñense imaxes de arquivo, datos sociolingüísticos, entrevistas a pé de rúa e cóntase coa participación, entre outros, de: Víctor Freixanes (director da editorial Galaxia), Xosé Luis Barreiro Rivas (politólogo), Delfín Caseiro (profesor de ensino secundario), Carme Hermida (lingüista) ou Clara Castilla (xornalista).

Agardo que vos guste!