miércoles, mayo 14, 2008

O pasado domingo pola noite, a 1 de TVE estreou o capítulo píloto do novo "Coche Fantástico", tradución de Knight Rider... Que manía de traducir os títulos daquela maneira hai neste país, perdón en España... A tradución literal sería cabaleiro andante... pero claro como vai en coche e aquí somos parvos... Ao que imos. Eu fun fan acérrimo da oitenteira serie. A miña paixón polos coches, naceu, primeiro, como un gran amor por KITT. David Hasselhoff, o Michael Knight embutido en vaqueiros cinguidos e a súa melena lacada sempre me pareceu que sobraba. E o remake, por certo, ten bastante que mellorar, porque non actualiza absolutamente nada a serie orixinal (nin o coche: adxunto fotos dos dous modelos). Mesmo o KITT dos 80 era máis "fantástico" que o novo... O que non está igual de "fantástico" nos últimos tempos é David Hasselhoff. Deulle por beber bastante e a súa filla (non sei se fixo ben) grabouno non estado lamentable tentando comer unha hamburguesa que se lle resiste moito polo estado etílico. Aviso para os seguidores de Hasselhoff que aínda non o viran: É real. É lamentable... Non sei como non se lle ocorreu chamar polo coche: KITT necesítote, esta hamburguesa dáme problemas (durante máis de 6 minutos!). Co vídeo quedades:

Que pena Michael!

FOTODENUNCIA:
Os pequenos detalles son os que fan grande unha cidade. E Santiago, principal destino turístico de Galicia, non debería permitirse esas licenzas de feísmo urbanístico ao estilo dunha ex-república soviética (con todos os meus respetos). E é que as fotos que traio hoxe aquí son só uns exemplos dunha práctica moi estendida: os cables invadindo todo! As tres primeiras imaxes corresponden ao Parque de Ramírez, a carón da Praza Roxa. A verdade é que eses cables saíndo da estación de Fallosa non dan a impresión de moita seguridade. E hai moitos nenos que xogan alí... A última corresponde a unha das entradas do Parque de Bonaval. Neste caso non hai xogos para nenos, pero é un dos máis fermosos e admirados polos visitantes... O dito, non creo que coste moito eliminalos e gañar en seguridade e beleza arquitectónica...
Carallo!. Saio en Google Earth!!!! E a min quen me paga os dereitos???? Xd!

sábado, mayo 10, 2008

Estou de volta... Aínda que o faga nunha paelleira xigante...
Sen PRISA, pero sen pausa. Diso se trata cando un está a buscar chollo. Ese foi un dos motivos polos que tanto me ausentei do meu bló. Digo o de PRISA porque o último mes estiven traballando na Cadena Ser, en Radio Nordés, na Costa da Morte. E claro, no apartamento no que residín nin internet, nin ordenador, nin nada.Así era difícil actualizar contidos... Veño contento de Cee, a vila mariñeira onde estiven a maior parte do tempo. Era o meu primeiro mes de contrato en serio. Nin prácticas, nin ostias. Un mileurista máis (case case). Pero todo o bo se acaba e xa estou de novo no paro ao tratarse dunha sustitución. Pero tráiovos, unha mostra dalgunhas das cousas que facía a diario na rutina do mundo da información daquela zona. A ver se escoitándome perdoades a miña prolongada ausencia... Aínda que non creo que esta páxina teña moitas visitas... Sabes que agradezo a túa!
Para baixar os audios preme free/download nas páxinas de enlace. Se che piden o código que sae en pantalla introdúceo. Ao mellor tes que esperar un pouco ata que saia o link de descarga. Non pidas, máis, é gratis! (non é tan difícil, de verdade!). Reproduce o arquivo no teu reproductor mpPies... Sí. Esa voz horrible é a miña!!!!!

MATINAL

ENTREVISTA A UNHA PROFESORA MOI ESPECIAL... OS SEUS ALUMN@S CANTAN O CHIKI-CHIKI AO ESTILO MUXIÁN (ESCOITAR PARA CRER)

ENTREVISTA A ANTÓN SOBRAL, ARTISTA E COORDINADOR DO "ENCONTRO E NATUREZA MAN DE CAMELLE"

NOTICIA SOBRE ENERXÍA EÓLICA EN MUXÍA


Por certo, volvo estar no mercado. E non o digo por estar solteiro, senón porque busco traballo. Se atopas ofertas interesantes por aí. Faimas saber! Gracitas Morales!