jueves, enero 17, 2008

A piques de comezar a campaña electoral o Partido Popular fixo xa a súa estrataxema para confundir (aínda máis do que o fixo durante toda a súa lexislatura na oposición) ao electorado. Prescindir de Alberto Ruiz Gallardón para as listas ao Congreso. Esta decisión de Rajoy xa está dando os seus frutos. Os apoios ao alcalde de Madrid multiplícanse ao mesmo tempo que as críticas á executiva acebes-zaplanesca do partido. De feito proliferan blogs de apoio pro-Gallardón na rede con máis de 80.000 votos a día de hoxe: Que ben lles saíu a xogada! Se o alcalde cumpre a súa promesa, dimitirá do seu cargo, cedéndollo, con probabilidade a Ana Botella. Pensa alguén que a Rajoy non lle afectou a ostia que se meteu no helicóptero? Hai peor maneira de perder os votos dunha cidade con máis de 4 millóns de habitantes?. A min só me queda darlles a noraboa!
En el fondo, te tienen miedo Alberto é o lema escollido nun dos blogs de apoio ao (aínda) alcalde de Madrid

No hay comentarios: