jueves, junio 05, 2008

ATOPEI TRABALLO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!. E por seis meses... Non está mal, non si? O certo é que estou encantado. Despois da miña última etapa cun contrato de substitución en Radio Nordés-Cadena Ser, recibín a chamada dun compañeiro de La Voz de Galicia informándome de que buscaban xente para Radio Voz en Carballo. Despois das entrevistas oportunas... Conseguino!. Nesta etapa laboral que comezo, fago entre outras cousas un programa de deportes comarcal. Podedes escoitalo on-line no blog de La Voz del Deporte de Radio Voz Carballo: radiovozdeportes.blogspot.com. Podedes escoitalo entre as 14.15 e as 15 horas, de luns a venres. Nada máis por agora. Saúde!

1 comentario:

Anónimo dijo...

oes!!! Paréceme fatal que non comuniques estes logros...agora que tes nómina e podes invitar a cañas a ver cando nos das un toque e quedamos!!! Noraboa champion! Xa sabiamos que ti ibas triunfar!
Unha aperta
Noa