miércoles, septiembre 03, 2008

O meu primeiro coche: Citroën Xsara 2.0 HDI Image, color burdeos:

A pesares de ser xa un coche veterano ten un moi bo motor, con 2.000 cc e 90 cabalos que o certo é que parecen moitos máis. De feito a tecnoloxía "HDI" de motores diesel con turbo e intercooler que empregan moitos modelos actuais de PSA Peugeot Citroën, naceu con este motor, moi fiable. Ten unha media de consumo de gasoil de 5,7 litros/100km (que polos kilómetros que lle levo metido parece ser certa). No que se refire a equipamento, é bastante completo, tendo en conta que o merquei de segunda man: 4 airbags (2 frontais e 2 laterais), frenos de disco ás catro rodas, elevalunas e espellos eléctricos, e peche centralizado con mando. E o máis importante; lévame e tráeme que é o que quería.

Este post non vos recorda a este outro?
Saú2

4 comentarios:

Anónimo dijo...

very cool.

LoU dijo...

Enhoraboa socio!

Xa vexo que atopaches o que andabas buscando. Ten moi boa pinta. Moita sorte con él e conduce amodiño.

Unha aperta.

Anónimo dijo...

Hei rapaz!!!!!!
Noraboa....vexo que todo che vai a pedir de boca! Alégrome moito por ti....xa tes unha moza estupenda,un currele, que non é cousa doada nestes días, un coche que pola descrición debe ser a ostia e non quero dicir nada... pero xa está moi cerca do can, do chalet nas aforas e dos nenos!!!! jaja ves como ías ser o primeiro!!!
A ver se nos vemos un día destes que se che bota de menos!
Un bico
Noa

Anónimo dijo...

Pois si, Noa. O día que Iago compre o can van ser as risas...