Érase unha vez un fermoso lugar, na sempre inquitante Costa da Morte:
Reduzo zoom e cambio teleobxectivo por gran angular para que o vexades mellor:
Un bo día, alguén (políticos e empresariado) tivo a gran idea de instaurar alí unha piscifactoría. Daría emprego a moita xente e xeraría moita riqueza -escoitábase nas televisións e nas radios dos veciños do lugar-. Os impulsores (da idea?, da ocurrencia?, do nabo?, do grelo?...) non se pararon a pensar que quizais axudando á pesca doutro xeito, fomentando as artes de baixura, renovando os fondos mariños para non esquilamalos, etc. habería outras solucións para volver facer do sector pesqueiro, algo rendible economicamente. E isto foi o que fixeron rotando 180º sobre o voso eixo con respecto á imaxe anterior:
Por se acaso non se aprecia claramente o ben que queda a piscifactoría neste emprazamento doulle ao zoom a cañón:
Definitivamente esta picifactoría está "buenorra". Unha delicia vela en calquera pafeto marcando cemento e plastiquete. Que ben lle acae calquera cousa... Ay omá! que rica!!
ESTA ABERRACIÓN CHÁMASE PISCIFACTORÍA. E O PLAN GALEGO DE ACUICULTURA QUERE FACER MÁIS XUSTIFICANDO A CONSTRUCIÓN EN XERACIÓN DE EMPREGO (?) E DE RIQUEZA (?). TOCOULLE ELABORALO AO BIPARTITO, PERO O MESMO FIXO NO SEU MOMENTO O PP (AÍNDA SE QUEIXAN DA MARCHA DA MAIOR E MELLOR PLANTA PISCÍCOLA DE CABO TOURIÑÁN (PROXECTADA EN MUXÍA) A PORTUGAL. GRACIAS, TOURIÑO. GRAZAS, QUINTANA. AH!...
Que razón teñen en Camelle... Se Man erguera a cabeza...
1 comentario:
Tienes toda la razón en tu post!!!
Publicar un comentario