viernes, enero 09, 2009

Onte ás nove da mañá faciánse públicos os datos referidos ao paro no mes de decembro. Por primeira vez na historia supéranse os 3 millóns de parados no estado (concretamente 3.198.079 homes e mulleres en idade de traballar non poden facelo). Non sei se iso de "año de nieves, año de bienes" -moito neva en Galicia hoxe- se vai cumplir. Dubídoo moito e precísanse solucións ao respecto.
Na comarca onde curro, a Costa da Morte, o paro está incidindo sobre todo no sector da construción, onde sube ata un 50%. 1.592 persoas están paradas en Bergantiños, Soneira e Fisterra. A crise chegou con creces. Que ninguén diga que os medios de comunicación somos alarmistas con respecto a isto.
A pesares de todo vou rematar con ironía referíndome ao sector da construción. Se fora por Manué, moitas empresas de demolición irían a quiebra. Ver para crer.

E di aínda por riba que está inspirado... ANIMALIÑO...

1 comentario:

Anónimo dijo...

Iago, o teu blog é moi interesante. Estaría ben que o actualizaras máis frecuentemente, xa que nos interesa coñecer a tua opinión, sempre con humor, sobre os temas de actualidade.

Noraboa polo blog.

Saúdos!