martes, octubre 16, 2007

Hoxe martes, dobre actualización do blog. Logo da excepcional versión de Heidi de Santiago Segura vai unha sobre min. Sobre o meu frikismo. Íntimamente relacionado, entre outras moitas cousas coa banda de rock Bon Jovi. O certo é que é un grupo denostado por moitos, especialmente porque moitos opinan que se venderon á comercialidade e que renegan do seu pasado rockeiro. Outros tantos pensan que son frívolos e chulos. Discrepo. E os vídeos que poño a continuación amosan o seu lado máis amable e humano. Todos son moi recentes. Pertencen ao Saturday Night Live da NBC norteamericana desta pasada fin de semana. É un programa no que a música é a protagonista, con bandas que teñen novo traballo. Unha banda fai de anfitriona de outra, convidada -normalmente a de maior veteranía é a anfitriona-. Logo de estar tres veces neste programa como convidados ao longo da súa historia, Bon Jovi son anfitrións doutro gran grupo: Foo Fighters. Os anfitrións fan de presentadores e cobran protagonismo en sketch cómicos.

Primeiro video -lamento que non teña subtítulos-. Unha adolescente, no ano 1986, escribe no seu diario, queixándose da súa miserable existencia. Entre outras cousas a súa nai non lle deixa ir ao concerto de Bon Jovi con Cinderella (outra long hair band da mesma época). De súpeto, o poster de Jon que ten no seu cuarto, cobra vida, ataviado coa estética propia de cando tocaba nos 80. Jon fala con ela. El coa súa idade era un apaixoado da música, soñou con ter un grupo de rock e conseguiuno... Ela ten os soños tópicos: quere alugar un apartamento a súa corta idade, converterse en actriz e ter moitos amoríos. 21 anos despois atoparanse de novo no programa no que transcorre a ficción. Sen desperdicio.


Segundo video -volvo lamentar que isto pareza a BBC-. Nesta ocasión é o comezo do programa. Normalmente o/s anfitrión/s encárganse de levar a parte cómica do show e darlle paso os temas que interpreta o grupo convidado. Ninguén no público cre a Jon cando di que non van tocar esa noite. Varios espectadores impídenlle que se produza o monólogo inicial. O último de todos é Richie Sambora, guitarrista do grupo, que olvida o guión e despois de que lle chive o Jon o que ten que dicir, deciden facer o mellor que saben facer, tocar no escenario co grupo. De novo sen desperdicio.


Agora este vídeo cómico no que aparecen Jon Bon Jovi, Dave Grohl (exbatería de Nirvana e líder de Foo Fighters) e Taylor Hawkins (batería deste último grupo). Rinme moitísimo. O título desta peza audiovisual e: "Xente que recibe unha ostia xusto antes de comer"....


A rañala, raparigos!

No hay comentarios: