miércoles, octubre 17, 2007

Hristo Stoichkov xa non é, dende hai máis dunha semana, adestrador do Celta. O certo é que o búlgaro foi un xogador de excepción, pero aterrou en Peinador sen ter demostrada a súa calidade como técnico. Iso demostrouno de novo co equipo da cidade olívica, que nunca acadou un bo nivel de xogo. Porén, eu gardo un moi grato recordo da entrevista que mantiven con el escasos días despois de que chegara a Vigo. Por ese motivo achego no seguinte enlace o número do xornal do Celta (21) no que o entrevisto (páxs 16 e 17). Aviso para non iniciados: A páxina á que vos leva o link é a dun servidor que permite baixar o arquivo gratis. Unha vez nela seleccionade descarga gratuita. Introducide a clave que sae en pantalla e premede descargar. Gardade o arquivo e unha vez rematado o proceso, abrídeo.

Xornal do Celta, número 21, coa entrevista a Hristo

1 comentario:

Anónimo dijo...

Iago, tío, está moi ben que pases o teu tempo libre facendo o teu blog pero si das señales de vida, oye, mellor que mellor...Este xoves hai festa ou que?
Roberto