lunes, noviembre 19, 2007


Encheron 10 noites seguidas o Prudential Center de Newark, sito en Nova Jersey, a súa casa... E agora a xira Lost Highway continúa en Canadá, deixando perlas coma ésta, en Ottawa, que demostra que cos anos melloran o seu directo, o seu estilo... Savoir faire dise en francés. Richie e Jon subidos nunha plataforma no medio do público interpretando I'll Be There For You. Para correrse. E non hai máis que dicir... O audio está nítido, pero xa sei que a imaxe é mellorable. Aínda así creo que merecía unha entrada no blog. Que chegue canto antes o 1 de xuño do ano que ven para admirar a unha das mellores bandas rockeiras dos últimos 25 anos. A cita, xa sabedes, no Olímpico de Montjuic en BCN. Aínda estades a tempo de mercar as entradas. Iso sí, as máis caras e próximas ao escenario xa están esgotadas.

No hay comentarios: