viernes, noviembre 09, 2007

Pérez Varela, culture conselleiro. Este insigne personaxe non só tirou os cartos facendo o mausoleo de Fraga, máis coñecido co nome de Cidade da Cultura. Tamén, cando había Xacobeo -ese invento de non sei que cousa de entre X anos que o chirimbolo cae en domingo 25 de xullo e que o Corte Inglés aproveita para vender cunchas de vieira e gaitas pequenas, pero bueno, o tamaño non importa se nos cremos as mentiras-, traía aos grupos máis reseñables do panorama musical internasioná. Pa presumir!!!!. Normal. Na Galicia dos trens de alta velocidade, do emprego de calidade, das autovías e autopistas máis rápidas e seguras... o que sobraban eran cartos. E o por aquel entón conselleiro (non vou dicir noso porque eu nunca votaría tal cousa) traíanos a Daviz Bobi, aos Seminal Brodes e a Vrian Adans. Porque en Jalisia outra cousa non, pero cultura hóuboa por doquier e tal dende que os gandeiros non protestaban pola cota láctea (cando os grises que non permitían protesta aljunha). Non me extraña que se lle acabara facendo unha Cidade da. País. Disfruten (gocen en idioma xunteiro-telegaiteiro) do seguinte vídeo vostedes que coma galegos estudiaron (ou polo menos podían facelo) nunha das tres excelentes universidades que temos, cunha formación de profesorado e unha calidade material e práctico-teórica acolloante. Xente culta vamos.

No hay comentarios: