miércoles, febrero 27, 2008

Hai debate! E que debate nos ten preparado a Telegaita (un pouco de memoria histórica, por favor) para esta noite ás 21.30 horas. Adxunto unhas fotos desta mesma mañá do despregamento que atopei ao saír da miña clase de inglés (que teño moi preto de onde se vai facer, o Hotel Monumento San Francisco, en Santiago):
Primeiro de todo gustaríame dicir que cosidero o debate necesario e positivo. É unha boa maneira de observar como os partidos políticos teñen pensado actuar no noso país a pesares de tratarse dunha eleccións xerais. Que papel terán os deputados galegos en Madrid defendendo os nosos intereses. Veremos que nos teñen que dicir Touriño, Quintana e Feijoo. E agora van as miñas críticas ... O debate debería facerse en instalación do ente público de radio e televisión. É vergoñento que as instalacións de San Marcos non poidan acoller eventos desta categoría. A producción do debate tiña que ser, igualmente, propia da tele que pagamos tod@s. Non vai ser así. Na primeira fotografía podedes ver fotografías de unidades móviles dunhas productoras que externalizan o programa, concretamente Pórtico e Tripede. Que as series de ficción e outras produccións máis ou menos festivas se cedan a terceiros está ben, pero isto son palabras maiores. Deixando de lado o ámbito televisivo cómpre felicitar a Quintana, o único que non puxo condicións para acudir á cita, cousa que sí fixeron Touciño e Frijolito, aconsellados polos seus inútiles asesores. Por este motivo agardo non ver unha repetición do debate estatal, tamén necesario e interesante pero moi descafeinado polos tempos cronometrados e a escasa interlocución... Finalmente, para os amantes do medio (televisivo) adxunto a planta de realización do programa e o plató. Como podedes observar nas fotografías postas ao comezo, a segunda e terceira fotografías recollen a parte da entrada. Podedes ver a torre de iluminación e a ubicación da cámara grúa-cabeza quente. Ao carón dela poñeranse as outras dúas, respetando o eixo para non despistar aos telespectadores.
Que vostedes o vexan ben. Senón a alternativa é Esquerda Unida. Quero dicir, a semifinal de copa Barça-Valencia (Telahínco), as pelis Seis días e sete noites (LaGuan) e A tormeta do século (Antena Pies), a serie Reaper (LaCexta de ZP) e Anatomía de Gais (Cuatro) ou o altamente zapeable Hijos de Rabel (LaDeux). Puto bipartidismo. Nunca hai alternativa!

No hay comentarios: