jueves, febrero 28, 2008

O debate de onte foi, efectivamente, histórico. Pero simplemente polo feito de non terse realizado dende hai moito tempo entre os políticos do noso país. Isto foi, ao meu ver, o mellor da cita desta pasada noite. O peor, tal e como me temía e comentei na entrada de onte foi o debate en sí mesmo. Foi todo segundo o guión previsto. Primeiro, a nivel televisivo. O maior espectáculo foi a realización. Todo un despregamento de vatios de luz e cámaras por doquier que enriqueceron moito o exterior do Hotel Monumento San Francisco e o seu claustro interior. O presentador, Alfonso Hermida ténme gustado máis noutras ocasións, é dicir cando informa e non cando simplemente cronometra, como fixo onte. E é que as condicións pactadas entre os políticos e a TVG descafeinaron moito o programa. Iso é o que agardabamos da cita histórica? Queriamos ver un debate e ao final houbo case tres monólogos. Houbo escaso corpo a corpo e iso, os votantes, que adoitan defender as ideas dun seu representante fronte a outro non mola un carallo. E ao final foi algo aburrido, o formato dos bloques (estruturados en economía, infraestruturas, autogoberno, políticas sociais e o peche), tan minutados eles. Para rematar, e segundo as enquisas a internautas nas edicións dixitais de La Voz de Galicia e El Correo Gallego (que reproduzo a continuación), o gañador foi Quintana:
Eu estou de acordo. Feijoo e Touriño repetiron o que dixeran os seus respectivos líderes estatais hai tan só dous días antes... e iso non aportou nada novo para Galicia. Soubo, a pesares de saír máis desfavorecido nos turnos de palabra -pactados antes do programa- que Touriño e Feijoo, buscar o seu oco, o seu nicho para a audiencia. E sobretodo saíuse do guión previsto do que antes falaba, marcado como unha faixa que non deixa respirar para evitar que se convertira nunha guerra só entre dous (e que dous bos peixes, que se adoita dicir!) e para que se falara dos nosos intereses como país. Gustoume o seu peche e a súa frase: "Unha Galicia dona de si". Veremos se escollemos sela o vindeiro 9-M.

No hay comentarios: