Blog de Iago García ao que tod@s estades convidados!
domingo, agosto 26, 2007
Entrambosmundos, por fin na rede. O meu amigo e realizador audiovisual Roberto Conde fixo unha interesante curtametraxe na semana santa do 2006. As labores de produción encargoullas a Iago García (eu mesmo) e a dirección de fotografía correu a cargo de Noa García, de grande gusto pola estética. Nela Breixo (Adrián Novoa), o seu protagonista, esperta un día nunha idílica aldea do rural galego... Mais non todo é o que parece... Eu gardo un moi grato recordo da rodaxe, no lugar de Entrambosríos, no Concello d'A Merca en Ourense. Aqueles días que para esa aldeíña eran de vacacións e nos que Roberto, Noa e mais eu andabamos de aquí para alá tentando que o producto final quedara á altura do espírito colaborador de tódalas persoas que nos axudaron -tamén houbo tempo para a festa, por suposto-. Se esta curta foi a terceira mellor na Gala GZCREA2006, que premia o labor da mocidade en diversas artes, foi en grande parte gracias a tod@s os que nos axudaron. As fotos que engado nesta entrada son daquelas datas. Recentemente acabo de subila curtametraxe a YouTube para que tod@s disfrutedes dela... Velaquí vola deixo!
1 comentario:
Anónimo
dijo...
Diossssss!!!!!!!!! Que pasada de curtametraxe!!! Aquí vese a Galicia Calidade... Firmado: Roberto, director de Entrambosmundos
Un licenciado en comunicación audiovisual decide un bo día achegarse ao mundo do blog aos seus "vintetantos". Traballo en Vtelevisión, cadea privada de TDT con cobertura en toda Galicia. Gústame o entretemento nos formatos de prensa diaria, magazines e revistas -devóroas sexa cal sexa o seu tema- e a televisión (series de ficción: House, C.S.I, Cold Case, Psych, Prison Break, Family Guy, American Dad, The Simpons, Futurama...). Gozo dunha boa conversa cun amig@. Un blog é un espazo persoal onde dicir o que a un lle peta. Iso fago aquí. Gracias pola túa visita, as túas achegas e comentarios.
1 comentario:
Diossssss!!!!!!!!!
Que pasada de curtametraxe!!! Aquí vese a Galicia Calidade...
Firmado: Roberto, director de Entrambosmundos
Publicar un comentario