martes, agosto 21, 2007

Sempre fun moi crítico coa Televisión de Galicia. A nosa, a galega, como insisten agora coa nova imaxe corporativa e o "novo" cambio e demais parvadas que nos tentan vender. Nada máis lonxe da realidade: os decorados dos informativos teñen unha sospeitosa cor vermello "pesoísta", Gayoso: "Jalhoso" anunciou a morte do Fary antes de producirse -memorable zapping cos Chunguitos moi apostemados-, os que vemos os partidos do Celta padecemos co comentarista, o Eros Ramazzotti das retransmisións, que cada vez que paraba algo o porteiro soltaba o seu: Parou Pintaaaaaaaaa! -falaba de Pinto, suponse-.

E falando d
e cambio, antes de que volvera Piñeiro, linlle nunha entrevista en El País unha resposta moi interesante á seguinte pregunta: "¿Que piensa usted del cambio en la Televisión de Galicia?" -"¿Pero que cambio? Si el único que falataba por volver era yo". Que razón ten este fulano -véxase tamen anano con gafas, extraterrestre liliputiense...-, que por certo estreou hai pouco unha nova versión do seu Magazine "Acompáñenos" -¿a onde?-. Moito máis wai e moderna con colaboradores superenrollaos que te pasas e megajóvenes. ¡Lo más de los más!. Todo iso por non falar do reality no que unha xente quere deixar de fumar e aínda por riba póñenna a facer o camiño de Santiago. Malpoucados. Iso sí preséntao Carlos Blanco (a ver macho cos monólogos tan bos que fas para qué carallo estás na tele se non acabas de encaixar -presentou aquel late night frustrado que nunca funcionou). Eu creo que quitaron o mellor: Pemán e esa predición tan útil para os mariñeiros do país: "Maruxía a forte maruxía con ventos de forza dous a catro" (ver foto)

Por todo isto recupero un texto que lin hai moito tempo no seguinte blog http://www.blogoteca.com/sempreengaliza/
O cambio nunca foi tal e mesmo o nome do meu blog provén dunha mítica dobraxe ao galego de Terminator: O s
eu "Sayonara baby" converteuse exactamente en "A rañala raparigo". Que mellor título para un blog meu, que pretendo que sexa un punto no que os que me coñecen se acheguen a temas de carallada e cousiñas que farei pero que cando as vexades ides dicir... vai rañala raparigo! Graciñas polas vosas lecturas.

O texto, de seguido:

A TVG ou Telegaita é unha compañía de televisión de gran prestixio e con programas de indubidábel calidade. A súa fundación foi aló polo ano 1670 a.C., alguns séculos antes da aparición dos televisores. Mentres tanto, adicábanse a prepará-los guións que conformarían as 235 tempadas de Pratos Combinados. É unha canle que se pode sintonizar en Galiza, España, Portugal, Arxentina e Tuvalu Ulterior.

Programas estrela

- Luar: Programa destinado á xuventude que se emite tódalas noites dos venres ininterrompidamente dende 1939, cando Franco chegou ó poder. Entre os seus contidos atópanse: baile de vellos, gaita tocada por vellos, vell
os que cantan, tres vellos contando chistes e chamadas a casas de vellos.

- Pratos Combinados: Serie pioneira do humor intelixente. Os seus protagonistas son Miro Pereira, un Homer Simpson de Galiza e o seu cuñado Morris, un anano con gafas. O argumento é o seguinte: Miro e Morris teñen un plan pra estafar aos seus amigos, sorprendentemente vailles ben, alguén ó final descúbreos e rematan fregando os pratos mentres os seus amigos comen empanada e rín. Esta fórmula funciona dende fai 10
anos.

- O Show dos Tonechos: Trátase dun programa cultural que reflexa a sociedade galega dende una perspectiva intelectual. Os seus presentadores son Tonecho e Tucho, dous expertos da socioloxía galega. De cando en vez alguén remata cunha tarta na cara.

- Xabarín Club: O programa infantil, o mellor da cadea. Foi famoso por Bola de Dragón (cuias
traduccións nas cantigas eran do máis fieis á orixinal), Doraemon (ten un peto máxico) e Arale (famoso o seu episodio da Bosta de vaca, Merda de can e Merdiña de paxaro). Tamén se lle atribúe como o impulsor do Rock Bravú nos 90, é dicir, unha especie de Bola de Cristal pero version "cajonaconaquetepariu", desgraciadamente, ó Porco Bravo só o viamos os nenos, e cantigas como Carmiña Vacaloura, Churras, Churras, Churras pero que ghalo é ou Ahí ven Tristón o Mangallón non transcenderon máis aló dos recreos.

- Supermartes: Foi un programa innovador onde os haxa. Antes de que existise Boris, na Telegaita xa tiñamos un presentador con máis pluma que a Galiña Caponata, o inefable SuperPiñeiro un mutante un pouco máis alto que Torrebruno e que tamén amenizaba as tardes aos galegos dende a Radio Galega. A pesar do seu nome non sempre se emitíu os martes. Récord absoluto de tempadas en antena das canles de Televisión en España. Comezou a emitirse fai dous séculos e tiveron que vir os sociatas pra cancelá-la súa emisión.

- En Xogo: é o clásico deportivo por excelencia. O seu parcialismo é obxeto de estudo na Universidade de Harvard. En Coruña cren que apoia aos de Vigo, en Vigo cren que apoia aos de Coruña e o certo é que son máis merengues que Deus. Cabe dicir que o comentarista dos partidos do Celta foi violado de pequeno por un cachalote e por iso fala cun ton de voz moi extrano.

- Zapping Comando: Programa orixinal onde os haxa, onde tódolos actores secundarios das series da TVG fan parodias doutras cadeas, inclusive a súa, inda que pareza que o teñas visto nalgún programa (ex: Homo Zapping) son totalmente innovadores polo que cualquera comparación sería unha burda imitacion.

- O Doutor Who (ler O Doutor Ju): serie mítica dos comezos da Telegaita na que un fulano británico de rizos (pode que un parente de Bisbal), con abrigo e bufanda se adicaba ás viaxes entre dimensións utilizando unha cabina de teléfonos. Nesas dimensións atopábase a monstrosos mutantes con cabezas de spaghetti que cuspían blandiblú por tódolos seus poros.

- Perdelo Todo: Programa novo pertencente á "limpeza" que está a facé-lo PSOE en Galiza pra borrar todo o que cheiraba a gañán. Neste programa, sabendo que só van a concursos da TVG rapaces de entre 19 e 28 anos ou de entre 50 e 75 años, todos pertencentes a zonas
rurais, ou, no seu defecto, rururbanas (cidades pero en mini, en plan Xinzo de Limia), pois este concurso trata de fallá-las preguntas, polo que estos ghañáns só teñen que respostar ben ó seu xeito. É destacábel el presentador, un saltimbanqui que se cré simpático que naceu en Vigo oi
na Coruña, debido ó seu acento pouco arraigado.

- Cifras e Letras: Programa aparecido coa chegada ó poder da coalición de nacionalistas e socialistas (nacionalsocialistas, ergo, nazis) no que o 99,9% dos participantes son estudantes da Universidade de Santiago de Compostela. O outro 0,1 son xubilados. Este concurso serve para meter sutilmente as novas palabras do galego normativizado grazas a dous "mestres": unha con apariencia de fráxil señorita na que se agocha unha verdadeira ninfómana e un señor un pouco modosiño que intenta por tódolos seus medios cepillarse á súa compañeira, algo que nunca
logrará, e menos cós seus chistes coa gracia no cú. Destacábel que o presentador viñera representar en Libro de Familia o papel de camareiro-salseiro-rumbeiro-emigrante retornado.

Outros datos

No logo da TVG, podemos apreciá-la presenza do PP... Na cor azul e a silueta da gaivota... ¿non?
Momentos clásicos. Dialogos memorábeis nas películas:

- "¿Cómo?¿Fodiches nela?": Dille o coleguiña a Michael Douglas en Instinto Básico.

- "Bueno, non empecemos a chuparnos as pirolas": Harvey Keitel aos matóns de Pulp Fiction.

- "A rañala, raparigo": O mítico "Sayonara Baby" de Terminator, versión "Jalisia profunda".

- "Para vencer a Austin Powers témoslle que lle roubar o seu...mollo": O Doutor Maligno, xunto có seu Minieu, para roubarle o "mojo" a Austin Powers.

- "¿Gustaríache comerme a perrecha?": Juliette Lewis a Tarantino nunha inolvidábel escea de Aberto até o amencer, en coxunto, unha das mellores adaptacións de guión ó galego de tódolos tempos.

- "És un pimpín Son Goku": O super guerreiro Vexeta ao seu super enemigo Son Goku.

- Dí a lenda urbana que en Pulp Fiction existe a frase "Coidado con
esa rapariga que estudiou no Peleteiro" (Pele pra os amigos; non
confirmado).

Otros momentos memorábeis

- "Papá macho paso de todo tiu": Esta frase, pertencente a Tucho do Show dos Tonechos, foi o vocablo máis repetido por toda a xuventude das areas rurais no 2005, e probábelmente até o 2050. Cabe destacar que ademáis de repetí-lo vocablo esfózanse por poñé-la voz do actor, e no 80% dos casos consígueno.

- "Me cagho na cona que te pariu Ghayoso, hai xente que ten que traballar mañá, carallo" Paisano tras recibir unha chamada do Gayoso de Luar ás 12 da noite.

- "Detesto a miña pixa" Un paciente da serie Nip/tuck (traducida intelixentemente ó galego como Quita e Pon) quéixase do tamaño do seu pene.

- Os comentaristas dos partidos de fútbol da TVG son unha fonte inagotábel de grandes frases: "Vaia ano o de Baiano".

"Palabros" inventados pola TVG e que ninguén máis utiliza

- Padiolas: díse das camillas utilizadas no fútbol.

- Parabéns: díse da felicitación polas razóns que sea.

- Sobranceiros: díse dos antepasados de alguén.

- Alacante: díse da cidade da Comunidade Valenciana.

- Cecais: din os comentaristas deportivos no canto de quizáis.

- Grazas: expresión de agradecemento en Xunteiro (lingua oficial da Xunta e a TVG), de recente creación; en portugués dise "obrigado", e en galego, castrapo, castelán, chapurrado, curuñés e vighés dise "gracias".

- Calquera nome estranxeiro, como "Kloifer" (Kluivert), "Kokí" (Cocu- leer "co cú"), "Flavio Conseisón" (Flavio Conseição), "Luisón" (Luizão), "Cuman/Coeman/Coiman" (Koeman), "Seidorf/Sedorf/Seadorf/Sidorf" (Seedorf) , "Fan Jal"(Van Gaal) ou "Fran de Bur"(Frank de Boer).

Como non podía ser doutro xeito, engado o vídeo de Dallas, recordado por moitos... "Estás bébeda Sue Ellen"...

E o momento no que Gayoso goloso anunciou a morte do Fary!

Polo de agora nada máis, pero no futuro moito mellor!


6 comentarios:

Anónimo dijo...

Si, a verdade é que non perderon moitos folgos en cambiar a nosa televisión. Ben, disque os informativos son máis modernos... En apariencia gañaron. O que nos pasa é que temos mitificadas outras canles autonómicas. Eu dígoche de primeira man, que TV3 é bastante infumable, onde toda a súa grella é practicamente informativa, agás algún culebrón cutre (a calidade das series, polo menos a nivel de realización, é bastante peor que na Galega). Polo menos na Galega rimos de nós mesmos... aquí por rir nin saben na tele!

Anónimo dijo...

Amais hai personaxes coma Manuel Campo Vidal (vaia cambia chaquetas o facha), co seu catalán de jallejo, presentando programas sobre historia... Puffffffff, así lles van os datos de audiencias, onde TV3 está polo chan. Unha aperta dende a Diáspora.

Anónimo dijo...

I would like to thank You for being the member of this website. Please allow me to have the opportunity to show my satisfaction with Hostgator web hosting. They have professional and fast support and they also offer many [url=http://adf.ly/213105/thankyou-hostgator ]Host gator coupons[/url].

I appreciate Hostgator hosting, you will too.

http://papme.net/webboard/index.php?action=profile;u=10116

Anónimo dijo...

http://www.azarfreres.com/ [url=http://www.azarfreres.com/]do you lose gold when you die in diablo 3[/url] qqwrttoi diablo 3 magic find worth it j

Anónimo dijo...

[url=http://www.texansfootballshop.com/]JJ Watt Blue Jersey[/url]

Life is full of problemsAttack the core of the problem! Dig until you uncover it! Face facts! Admit you have problems!Stop trying to make people think you are problem-free I prefer to believe the Mystics Belief-I avoid rejection and failure by staying where I am financially

[url=http://www.andrewluckjerseys.us/]Andrew Luck Jersey[/url]

Also a groomer should not use a hand-held hot dryer on a dog drying in a stainless steel cage But there are also many facets of business ownership that entrepreneurs must stay on top of It's like buying food and paying for it over a six-month period when the food only lasts 30 daysThe more you solve them, the more new ones come up

[url=http://www.officialtexanspros.com/]Texan Arian Foster Jersey[/url]

Anónimo dijo...

What's up, this weekend is pleasant designed for me, since this occasion i am reading this enormous educational article here at my home.

My web page - Zahngold Preis