Blog de Iago García ao que tod@s estades convidados!
lunes, febrero 04, 2008
Gozan dun bo retiro os meus pais na capital de A Mahía, Bertamiráns. Alí fixeron unha fermosa casiña onde aproveitan hoxe as fins de semana e os días de lecer e aproveitarán mañá a doce xubilación. Fixen unhas fotos (da casa e da vila) para documentarvos sobre a súa acertada construcción arquitectónica e ubicación xeográfica. Aquí vos quedan... IMOS AGORA COA FERMOSA VILA DE BERTAMIRÁNS.... Comezamos polo paseo fluvial: Agora a Praza do Concello: A casa consistorial amiense: A Praza de A Mahía: E a miña praza favorita da vila, a de Chavián, cos detalles do parque infantil, o campo de fútbol sala, a casa da cultura e o centro de saúde: Isto foi todo o que deu de si unha fotográfica tarde invernal (chuva incluída) na capital amiense
Un licenciado en comunicación audiovisual decide un bo día achegarse ao mundo do blog aos seus "vintetantos". Traballo en Vtelevisión, cadea privada de TDT con cobertura en toda Galicia. Gústame o entretemento nos formatos de prensa diaria, magazines e revistas -devóroas sexa cal sexa o seu tema- e a televisión (series de ficción: House, C.S.I, Cold Case, Psych, Prison Break, Family Guy, American Dad, The Simpons, Futurama...). Gozo dunha boa conversa cun amig@. Un blog é un espazo persoal onde dicir o que a un lle peta. Iso fago aquí. Gracias pola túa visita, as túas achegas e comentarios.
2 comentarios:
Fermosa casa, fermosa vila, fermosas fotos!
Te luces muy poco. Non sabes que o val pasou a chamarse por decisión plenaria Val da Maía, sen h...E ti mesmo deches a nova...
Publicar un comentario